Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Touro, O Pino e Brión, a través da empresa Serpa, están a capturar os insectos co sistema de trampeo // A compañía utiliza na maioría dos casos a cremación interna // Animan á veciñanza a colaborar con métodos caseiros TEXTO Alba Prada

Loita calculadora para acabar coa praga das vespas velutinas

O Pino, Touro e Brión atópanse en pleno proceso de erradicación da vespa velutina. E é que a primavera é o momento no que, grazas ao bo tempo, as raíñas saen ao exterior tras o semiletargo invernal en busca de alimento para elaborar despois os seus niños primarios.

Serpa A Coruña é a empresa contratada por estos tres municipios para levar a cabo as capturas. “En Brión é xa a terceira campaña que facemos, e o mesmo en Touro. Esta vez sumouse O Pino e agardamos que para o ano decidan optar polos nosos servizos outros concellos próximos, como Boqueixón ou Arzúa”, sinalou a este xornal o xerente da firma Serpa A Coruña, Pablo Iglesias López.

E é que, tal e como indicou, “é fundamental lograr abrir portas entre municipios para conseguir máis efectividade”. Ao poder ampliar o espazo para colocar as trampas “o traballo é moito máis eficaz”, asegura Pablo ao respecto.

No caso da vila de Touro, na que levan xa unha sesión inicial de colocación das trampas e tres de recollida, foron capturadas arredor de 1.700 vespas. Ao longo e ancho do municipio ubicaron un total de 125 e aínda quedan dúas sesións máis para seguir sumando capturas. “Cada quincena imos mudándoas de sitio para conseguir máis efectividade. Ás veces só as movemos uns metros; outras poñémolas nunha ubicación totalmente diferente”, conta.

O feito de que deixen pasar quince días para cambiar as trampas e repor o atraínte é debido a que “dependendo das condicións climatolóxicas duran intactos sobre 18 ou 19 días. Se fixo moito sol, pasados quince días o líquido evaporouse”, dice.

No caso do Pino, a terceira sesión de capturas terá lugar o vindeiro luns, e aínda quedan outras tres. De momento caeron preto de 1.300 velutinas, grazas á colocación de cen trampas en zonas estratéxicas da vila. En Brión hai espalladas polo municipio tamén un cento delas e apresáronse arredor de setecentas vespas. Aínda quedan tres recollidas máis entre este mes e o de xuño.

A pesar de que Serpa se adica á erradicación desta praga, sempre animan aos veciños e veciñas a facer as súas propias trampas caseiras. “Canto máis cantidade poñan e máis as revisen, máis efectivas serán”, sinala Pablo. De feito, revela cales son as mellores mesturas: “un litro de zume de arándanos con azucre e un litro de cervexa negra. Pero tamén funciona pór un litro de auga, medio vaso de azucre e levadura fresca de panadería. Incluso se pode cambiar a cervexa por viño. Nós imos cambiando a fórmula”, apunta. Insiste en que “vemos moita trampa abandonada no monte porque hai xente que comeza a trampear e se cansa”. Hai que ter presente que os que teñan finca “deberían colacalas xa a finais de febreiro”, explica.

Ademais deste sistema, Serpa emprega un novidoso método de cremación interna que está patentado por Jóse María Vázquez, xerente de Serpa e encargado da delegación de Lugo (a outra galega é a de Pontevedra), e que consiste en cremar os niños na parte baixa, de forma que vaia ardendo dende dentro. “O protocolo é moi estrito. Levamos mochilas para mollar toda a zona darredor e tamén temos extintores. En caso de que faga moito vento ou haxa moita sequía non se usa”, sinala neste sentido. Este é, de feito, o sistema que máis empregan na compañía, e que axuda ademais a evitar velenos ou pesticidas.

“Serpa ten presenza en Galicia, pero tamén noutras comunidades do país. Conta con delegacións en Cantabria, Asturias, País Vasco e Cataluña”. Agora buscan saír de España e traballar a nivel internacional.

08 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.