Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 29 junio 2022
01:00
h

Malestar pola proposta de novas cotas para a pesquería do abadexo

Neste trimestre só poderan capturar dez quilos semanais por barco os que traballen con artes menores e palangre // Din que é algo inviable

O bo momento que está a vivir o sector pesqueiro, sobre todo gracias ás altas cotizacións do peixe e do marisco en lonxa, estase a ver empañado por unha nova proposta de cota que chegou as confrarías semanas atrás dende a Secretaría General de Pesca, que pretende fixar topes de capturas por barco para o abadexo. O malestar é dobre porque, segundo o patrón maior de Malpica, Pedro Pérez, “é inaceptable que se lle poña cota a unha especie á que non a precisa”, e ademais os topes “son inviables”.

Así, a proposta establece unha cota total de 175,8 toneladas, unha contía que é superior á do ano pasado pero que fixa uns topes moi restrictivos. Así, neste trimestre as embarcacións de artes menores e do palangre tan só poderán pescar 10 quilos de abadexo semanais por barco, e as adicadas ás volantas un máximo de 15. Unhas cotas que se incrementan lixeiramente no segundo trimestre pasando a 30 e 70 quilos, respectivamente, e que nos últimos tres meses do ano aumentarían ata 80 e 300 quilos.

Pedro Pérez asegura que esta medida “acaba co sector”, pois “é inviable saír ao mar para traer para terra dous abadexos”. Sinala que, no caso dos topes do último trimestre “poñen unhas cotas semanais que equivalen ao que pesca un barco pequeno nun só día”.

Por iso, dende a confraría malpicana xa presentaron alegacións á proposta. No escrito remitido ao Ministerio manifestan o seu desacordo co borrador “porque significa que un barco de artes menores vai poder pescar só unha peza ou dúas á semana, co cal é totalmente inviable unha pesca artesanal que da sustento a miles de familias”.

Aseguran que medidas coma esta “van provocar que os pobos costeiros se vacíen e os portos pequenos desaparezan porque non poden ofrecer suficiente produto”.

Ademais, non entenden como “no ano 2021 había unha cota de 160 toneladas e sobraron 50 sen que houbese cupos por barco, e neste ano que temos case 176 fíxanse unhas cantidades casi insignificantes e irrisorias”. Segundo sinala Pedro Pérez, “tamén se están a mobilizar outras confrarías e as federacións, así como as asociacións de volanteiros e palengreiros”. Queren saber ademais “se se consumiu esa cota e, se foi así, onde vai?”.

GASÓLEO. Por outra banda, o patrón maior de Malpica denuncia que, a pesares das promesas, “os profesionais do mar aínda non cobraron as axudas para paliar a suba do combustible”. Asegura que “o sector está moi enfadado, pois ademais nos prometeran que serían axudas directas de 1.500 euros, pero agora están a pedir aos armadores que presenten a documentación que xustifique que están ao día nos pagos a Hacienda e á Seguridade Social”. A este respecto sinala que “a maioría si están, pero aqueles que teñen débedas, en moitos casos é polo encarecemento do gasóleo”.

E o peor, engade, Pedro Pérez “é que os prezos, a pesares das bonificacións, seguen subindo, e xa estamos achegándonos aos 80 céntimos por litro que fan inviable saír ao mar”. Esta semana están a pagar o gasóleo a 0,75 céntimos e a gasolina a 1,14 €, a pesares das bonificacións estatais.

24 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.