Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mateo Pérez, o bicampión galego nas Olimpíadas de Física e Química

O alumno do IES Agra de Raíces de Cee participará agora na fase nacional // En 2020 fora Premio Extraordinario da ESO

Elevadísimas capacidades, incansable forza de vontade e destreza para aplicar os coñecementos son algunhas das cualidades coas que definen no IES Agra de Raíces, de Cee, ao seu alumno Mateo Pérez, que vén de acadar un dobre galardón ao proclamarase campión das Olimpíadas Galegas de Física e Química.

Uns éxitos que lle garanten a participación directa nas fases nacionais das dúas disciplinas, que terán lugar o 29 de abril (Física) e o 8 de maio (Química). Trátase “dunha dobre victoria sen precedentes na historia do noso centro”, afirman dende o instituto ceense, onde viven “con emoción, pero tamén cunha infinita confianza nas elevadísimas capacidades de Mateo”, do que destacan tamén o “aplomo co que se enfronta a cada reto”.

O resultado das probas de Química chegou ao IES Agra de Raíces o martes, no transcurso da última clase da mañá, que se viu interrompida “por unha interminable ovación, exultantes vítores e efusivas felicitacións de todos os alumnos de segundo de Bacharelato”, afirman. Os estudantes festexaron con “verdadeira ledicia o trunfo de Mateo, que vai moito máis aló do plano académico”, engaden.

Aseguran que a brillantez indiscutible que demostra en cada materia “extrapólase tamén aos ámbitos persoal e social, Mateo é extraordinariamente querido polos seus compañeiros debido á súa amabilidade, xenerosidade, camaradería e humildade”.

Dende o centro queren facer extensibles tamén os parabéns á xefa do departamento de Física e Química, María José Pena, “que dedicou longas horas de traballo á formación, preparación e seguimento de Mateo. Lograron construír un vínculo sumamente estreito que se viu aínda máis solidificado polas cualidades que comparten”.

Hai que lembrar que Mateo xa obtivo en 2020 o Premio Extraordinario da ESO e participou no Congreso internacional Leer. Iberoamérica lee 2020 como representante dos Clubs de Lectura Galegos.

31 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.