Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide céntrase en apoiar ao pequeno comercio da vila

Volven as tarxetas parar mercar nos locais a menor prezo e Asetem axuda coa volta ao cole

O Concello melidense anuncia a volta de Merca en Melide. A campaña, na que tamén colabora a Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem), está deste xeito encamiñada a promover e reactivar a economía municipal, impulsando o consumo nos establecementos comerciais locais e na hostalería.

As persoas que queiran participar na iniciativa deberán solicitar entre este martes día 1 e o 17 de setembro unha das 1.300 tarxetas prepago (só se pode pedir unha por persoa). Como novidade desta segunda campaña, os bonos terán un importe de 50 euros, dos cales o usuario/a pagará 30 euros, e o Concello faise cargo dos 20 euros restantes. As tarxetas poderán ser empregadas nos establecementos locais entre o 27 de setembro e o 31 de outubro. “Deste xeito, o goberno local mostra unha vez máis, o seu compromiso total co tecido produtivo local”, apuntan fontes municipais.

As tarxetas poderán solicitarse no edificio multiusos, en horario ininterrompido de 10.00 a 14.30 horas de luns a venres. O concelleiro de Promoción Económica e Facenda, Xosé Igrexas, destaca que con esta campaña e as levadas a cabo dende principios deste ano, “conseguiuse un impacto económico no noso concello de preto de medio millón de euros, un gran esforzo que fixemos dende o goberno local en apoio ao comercio de proximidade”.

ASETEM Pero esta non é a única campaña que está activa no municipio melidense con ánimo de reactivar o sector. A Asociacion de Empresarios da Terra de Melide acaba de anunciar a iniciativa Volta ao Cole. Segundo explican dende a entidade, consiste en promocionar as vendas de todos os artigos relacionados co regreso ás clases (roupa, calzado, mochilas, material de papelería, libros...). Para iso todas as familias que ao longo de todo o mes de setembro acumulen tíckets por valor de 60 euros poden acudir ás oficinas de Asetem- CCA para recibir un vale de compra que será de 6 euros para as que teñan un ou dous fillos e de 10 € para as numerosas (nestes casos, os pais e nais deberán traer a xustificación que os recoñece como familia numerosa).

O importe do vale de compra poderá ser gastado en calquera comercio asociado á entidade. Como máximo cada fogar recibirá un bono, o cal irá acompañado dunha entrada para desfrutar da contacontos Ana Meilán e un agasallo. A actuación da contacontos será o vindeiro venres 24 de setembro ás 18.00 horas no parque Rosalía de Castro (agás en caso de choiva que se trasladará ou ben ao Palacio de Congresos ou ao Centro Sociocultural Mingos de Pita). A finalidade é tanto impulsar as compras nos pequenos establecementos da vila como prestar axuda a todas as familias durante esta tempada de gastos.

01 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.