Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide inicia a mellora dos accesos ao campo de fútbol

O Concello abriu o proceso de licitación das obras, que vanse financiar co Plan Único // Teñen unha duración de 4 meses

O Concello de Melide ven de anunciar o comezo do proceso de licitación das obras de mellora de acceso ás instalacións do campo de fútbol municipal, instalación ubicada na estrada de A Golada.

As obras, que terán unha duración de catro meses, licítanse por un orzamento de 40.559,33 euros e vaise financiar con fondos pertencentes ao Plan Único da Deputación da Coruña, correspondente ao exercicio de 2021.

O edil de Deportes de Melide, José Antonio Prado, declarou que esta intervención é “moi necesaria para dignificar os accesos a unha instalación deportiva coma o campo de fútbol, que rexistra moita utilización por parte de deportistas da nosa comarca”. “O goberno local segue a demostrar que as instalacións deportivas son unha prioridade na nosa xestión diaria”, aseverou o concelleiro.

Segundo explicou o responsable municipal de Deportes, a intervención incluirá o relevo do pórtico de entrada, situándose no lugar unha porta metálica de tres follas. Unha delas será fixa e as outras dúas de tipo corredizo. A de maior dimensión destas dúas destinarase ao acceso de vehículos, sendo a outra para acceso peonil, segundo os datos facilitados.

Sinalar que as obras tamén contemplan o relevo do tellado do cuarto de instalacións, emprazándose no seu lugar unha cubrición metálica que se prolonga sobre o acceso, de forma que se habilita unha zona exterior cuberta. Ademaís, no cuarto de instalacións tamén se introducen elementos de seguridade como luminaria de emerxencia ou un extintor.

Xa no que se refire aos pavimentos, procederase á ordenación dos mesmos, coa introdución dunha banda de formigón entre a escaleira e a costa, de forma que quede claro o uso peonil. Ademais, ampliaranse e crearanse novas bandas de axardinamento e eliminarase a moqueta de herba artificial.

SENDA asfaltada. Máis aló do xa citado, os traballos tamén prevén incluír a creación dunha senda asfaltada ata o vestiario. Dende este, a senda continuará ata o acceso ao terreo de xogo da instalación deportiva.

Por último, a intervención comprende a realización de pequenas obras de ornamentación sobre elementos xa existentes no campo.

Inidcar que estas actuacións levan aparelladas limpezas, recebos ou pintado de paramentos, saneado, pintado de varandas (como nas ramplas e escaleira) e da porta do cuarto de instalacións.

É de destacar que grazas a esta intervención, remarcarase axeitadamente o acceso peonil ao recinto. Igualmente, que o novo tellado permitirá o acceso e compra do billete a cuberto, e co obxectivo ademais de corrixir problemas de funcionamento detectados que presentaba nos últimos anos, segundo a información facilitada polo concelleiro de Deportes.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.