Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide relata en ‘30 anos de doces’ a historia da repostería tradicional

A exposición foi inaugurada no cantón de San Roque polo alcalde e o edil de Promoción Económica // Abre a programación ao público do 30 aniversario

O Concello de Melide inaugurou este venres a exposición 30 anos de doces, mostra que abre a programación para o público do 30 aniversario da Festa do Melindre e a repostaría tradicional.

O alcalde, Jose Manuel Pérez, e Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica, presidiron o acto acompañados da Corporación municipal e de varios alcaldes e autoridades de concellos limítrofes. O acto tivo lugar no cantón de San Roque.

30 anos de doces é unha mostra composta por vinte paneis repartidos en cinco cubos de 1,50 m de altura realizada especialmente para o aniversario sobre a repostaría tradicional de Melide e a historia da Festa do Melindre, con imaxes dos últimos trinta anos da feira (venda, parte comercial, stands), a festa (lecer), os produtos (os tradicionais melindres, ricos e amendoados), os embaixadores/as, entre outras.

No primeiro dos cubos que integran a mostra relátanse os orixes da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional da Terra de Melide, a cita gastronómica máis importante da comarca e, tamén, unha das de maior proxección de toda Galicia desde que no ano 2013 fose declarada Festa de Interese Turístico Galego.

No segundo fálase dos melindres, melindreiros e melindreiras e se di que falar de eles e “falar de gastronomía pero tamén de tradicións e de riqueza cultural. Nos fornos tradicionais do corazón da vila amásanse cada día os melindres, ricos e amendoados que converten Melide en terra doce”.

Xa no terceiro cubo explícase a creación do embaixador/a da festa, que se viu apadriñada, nos últimos anos, por unha serie de persoeiros relevantes da gastronomía, a restauración, o cine, o deporte, a música, a administración e o mundo empresarial.

O cuarto relata a constitución, no 2010, da Asociación da Repostería Tradicional da Terra de Melide e no quinto explícase a filosofía da Festa do Melindre que “naceu coa intención de protexer, poñer en valor e recuperar a forma tradicional de facer repostería de Melide e da comarca.”

30 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.