Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melide toma medidas para aforrar auga durante a seca

Melide. O Concello de Melide non é alleo á problemática da seca que está a provocar situacións de prealerta na meirande parte dos concellos de Galicia pola escaseza de auga. Debido á previsión de que a escaseza e/ou ausencia de choiva se vai manter nas vindeiras semanas e ao aumento no consumo, motivada pola afluencia de visitantes nesta época do ano, a empresa subministradora vén de comunicar ao Concello a necesidade de adoptar medidas que poidan aliviar a situación.

“Prohibir o uso de auga potable para encher piscinas, regar, baldear, limpeza de fachadas e vehículos son algunhas das medidas que se adoptaron”, informan dende o goberno local. Asimesmo, ínstase ás empresas e comercios “a minimizar o máximo posible o consumo de auga”, alertan fontes municipais.

Ante a problemática existente, dende o Concello de Melide “apélase á responsabilidade individual, tomando medidas que permitan facer un uso sostible e responsable dun ben esencial como é a auga”, sentencian. Son xa moitos os municipios da área compostelá que tiveron que tomar medidas similares. c.e.

16 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.