Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloran a rede viaria en tres parroquias da Estrada

Santé supervisou as obras de Remesar, Loimil e San Tomé de Ancorados, nas que invisten 140.000 € nos accesos agrícolas

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde da Estrada, José Carlos López, visitou este xoves as obras de mellora da rede viaria das parroquias San Tomé de Ancorados, Remesar e Loimil, para as que se concedeu unha axuda total de máis de 140.000 euros ao abeiro do Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas no período 2022-2023.

A finalidade destas axudas é facilitar a ampliación, mellora ou mantemento deste tipo de viarios, incluíndo actuacións que supoñan un incremento da largura da vía, o reforzo do firme e terrapléns ou a limpeza das marxes.

En concreto, os traballos realizados consistiron na mellora do firme ao longo de máis de 3,8 quilómetros, que incluíu tamén actuacións como a limpeza de cunetas. Así, esta actuación enmárcase na última convocatoria destas axudas, que contou cun orzamento de preto de 18 millóns de euros. Cabe destacar que a provincia de Pontevedra recibe preto de 3,2 millóns de euros deste importe, para 85 actuacións en preto de 58 quilómetros de camiños.

O obxectivo do Plan Marco é mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas. Estes camiños facilitan o acceso ás 30.000 entidades de poboación nas que se asentan as vivendas da veciñanza do rural e supoñen as canles de entrada e saída das producións agrarias que precisan os negocios das súas contornas. Por iso, a Xunta quere promover con estas actuacións a accesibilidade e vertebración do territorio, dinamizando o tecido produtivo ao contribuír á mellora da capacidade organizativa destas áreas.

Para chegar a cada un dos municipios da comunidade, establecéronse unha serie de criterios de distribución das asignacións económicas. que ademais foron previamente consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Estes criterios determináronse con base en indicadores obxectivos, a partir dun importe fixo por municipio, habitante e entidade de poboación, dentro duns límites de máximos e mínimos, co fin de garantir unha repartición equitativa entre a totalidade de concellos.

A estas variables incorporáronse factores correctores vinculados á superficie municipal, ao peso do agro no municipio e ao grao de despoboamento e de envellecemento. Ademais, prevese un incremento do 50 % para aqueles concellos fusionados.

13 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.