Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SI YO FUEse ALCALDE ...

... “Melloraría a iluminación das rúas do Milladoiro”

Borja Rial, controlador de plagas

    Cargando reproductor ...

Veciño do Milladoiro, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños?

As tres cousas que cambiaría do concello de Ames son as seguintes: a primeira delas son os autobuses, concretamente, os horarios dos mesmos, xa que penso que estes poderíanse ampliar un pouco para así dar unha maior autonomía aos habitantes sen vehículos e poder chegar mellor a Santiago e alrededores. O segundo serían as bicicletas, xa que hai un montón de ciclistas no concello e non contamos con ningún tipo de carril bici ou estrutura que os poña en seguridade. Por último, outra cousa a mellorar é a iluminación que hai actualmente, xa que penso que moitas rapazas se poden sentir inseguras polas noites de cara a chegar ás súas casas.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de vivir no Milladoiro é a tranquilidade que se respira e que, se necesitas facer compras ou calquer cousa, non tes necesidade de ir a outro lugar a facelo.

E o que peor lleva?

O que menos me gusta de vivir no Milladoiro é o tema da iluminación, xa que teño irmáns pequenas e sei o que é que teñan que volver soas ata a súa casa e lles poida pasar calquera cousa. Por iso penso que unha boa iluminación é de vital importancia para solventar este problema.

02 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.