Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Moda de Edith del Valle e Charo López na Mostra

Camariñas. A deseñadoras Edith del Valle e Charo López serán outras das dúas grandes firmas que amosarán a súa moda na XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro. Será a terceira participación da deseñadora compostelá, que presentará unha colección “na que o fío condutor será a posta en valor de todas as partes que conforman a personalidade de cada individuo”, sinala Edith del Valle.

Baixo o nome de Made of Pieces, outorgaralle aos seus deseños unha visión holística da vida, xa que ela mesma só entende “a satisfacción plena cando podes apertar a todas as partes da túa persoa”, admite. “Poder transmitir unha emoción a través do físico é moi complexo”, engade a picheleira, quen subliña a complexidade de “pensar unha colección no confinamento”.

“Como non sabiamos se ía haber parte presencial do desfile, facíase moi difícil transmitir emocións a través dunha pantalla, pero en canto nos enteramos de que estariamos na pasarela de Camariñas foi todo máis doado”, engade.

A deseñadora compostelá continúa o seu idilio con Camariñas, nun momento no que “apostar polo Encaixe en particular e pola artesanía en xeral é moi fundamental”, apunta, “nun enclave dixital, non podemos deixar de crer e apoiar máis ca nunca a un modo de entender a vida como o que habita en cada unha das pezas elaboradas cos palillos”.

Pola súa banda, Charo López presentará os seus deseños nos que as plumas e as flores serán os elementos máis destacados. Para a deseñadora será a súa terceira participación, a primeira en solitario, xa que nas dúas edicións anteriores colaborara con Edith del Valle e Amaya Fernández.

Para este triséximo aniversario, Charo recupera o tocado de convidada, pezas artesás que “aínda que non representarán a identidade da miña marca, xa que toda a miña actividade a adico á noiva, o público si que poderá contemplar como emprego as técnicas de sombrerería nos elementos que presentarei en Camariñas”, sinala. “O encaixe é un produto moi versátil, co que se pode xogar para chegar a resultados como os que poderedes neste primeiro ArtEncaixe”. Charo López admite sentir “moita ilusión” por acodir a Camariñas nunha edición “especial en todos os sentidos”.

23 sep 2021 / 17:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.