Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Modificaría o acceso do polígono a nacional 550”

Carlos Brea, hosteleiro na Bodeguilla de San Lázaro

    Cargando reproductor ...

Residente no Milladoiro, casado e cu n fillo, que tres cousas faría en favor dos veciños?

O primeiro que faría para mellorar a vida aquí no Milladoiro sería modificar o tráfico mailos accesos a cidade, xa que están demasiado masificados e fórmanse colas inmensas. En segundo lugar buscaría unha solución para eliminar vehículos da Nacional 550, porque o ir e vir de coches é insoportable e insalubre para todos os que residimos ao redor. E por último melloraría as instalacións deportivas, porque estanse a quedar pequenas e desfasadas para toda a cantidade de xente que somos aquí na vila.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

O que máis me gusta de residir neste concello, mellor dito no Milladoiro, é a tranquilidade coa que se vive. É unha zona moi tranquila e tes todo tipo de servicios: supermercados, médico, dentista e todo tipo de comercios para facer vida.

E o que peor leva?

O que peor levo de residir aquí é, volvendo ao tema do comezo, o acceso do polígono, porque sempre hai colas para salir e o tráfico, aínda que agora sacouse o paso dos camións de gran tonelaxe, pero bueno... en resumo, o que peor levo e todo o tráfico que se xenera na Nacional 550 e na rotonda da SC-20.

07 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.