Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Moita ilusión e soños na visita de Papá Noel aos concellos da Costa da Morte

Percorreu as rúas de Camariñas, Ponteceso, Vimianzo e Cee para tomar boa nota de todos os desexos dos nenos e nenas destas comarcas atlánticas

Vimianzo. A visita de Papá Noel á Costa da Morte espertou unha gran ilusión entre os nenos e nenas destas comarcas atlánticas. Tomou nota dos seus desexos para facer realidade os seus soños.

En Camariñas organizaron unha cabalgata única, que percorreu todas as rúas do municipio, e en Vimianzo recibiu aos máis pequenos no auditorio da casa de cultura, ademais de visitar os colexios San Vicenzo e Baíñas, a escola infantil Os Vimianziños e a residencia xeriátrica.

Tamén se achegou ao municipio de Ponteceso, onde decenas de nenos e nenas de todo o concello fixeron realidade o seu soño de coñecer a Papá Noel. Percorreu as parroquias en coche eléctrico.

Ademais, houbo recepción na biblioteca municipal, onde os pequenos lle manifestaron os seus desexos ademais de contarlle como lles foi o ano e entregarlle as súas cartas coas peticións de agasallos.

Durante o seu percorrido polas terras de Pondal, Papá Noel estivo acompañado polos membros de Protección Civil e tamén das concelleiras Noelia Varela e Maite Chouciño, que obsequiaron a todos os nenos e nenas participantes cun agasallo.

En Cee, Papá Noel percorreu todo o municipio no día de Noiteboa e pola tarde compartiu unha gran festa cos nenos na Praza 8 de marzo. M. L.

26 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.