Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muros énchese de artesanía e pezas exclusivas galegas

Acolle esta fin de semana a feira Artesanía de Galicia // Terá lugar na praza de abastos e contará coa participación de 17 obradoiros

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Fundación Artesanía de Galicia, organiza a feira Artesanía de Galicia en Muros, co fin de impulsar a comercialización dos produtos da marca e divulgar os oficios que engloba o sector. Así o explicou este xoves a xerente da fundación, Elena Fabeiro, na presentación deste evento que se levará a cabo os días 17 e 18 de xullo na praza de abastos e que conta coa colaboración do Concello muradá.

Serán 17 os obradoiros de artesanía galega os que participen na cita, correspondendo a diferentes ramas do sector como a cerámica e olería, a xoiería, xoguetes de madeira, elaboración e reparación de redes, vidro, bordado,
esmalte, calceta e a cestería.

Así, achegaranse ata a vila muradá cos seus expositores Arobe Cerámica e Arteviares (A Coruña); Laura Triñanes, Variopinto e Io Obradoiro Textil (Santiago de Compostela); Ana Méndez Cerámica (Pazos de Borbén); Artesanía Silvent (Caldas de Reis); Ceramicaq (Gondomar); Como Cuando (Vigo); Design Orfebres (Ourense); Mar Barral (Catoira); Obradoiro Gorín (Malpica de Bergantiños); Pilar Piñeiro Cerámica (Cangas); Redeiras Artesás (Ponteceso); e Tejeluz (Boiro).

A xerente sinalou que, con esta iniciativa, a Xunta busca apoiar ao sector artesán galego na súa adaptación a novos hábitos de consumo e a novas fórmulas de comercialización dos seus produtos. Fabeiro quixo destacar tamén que este tipo de propostas supón unha das vías máis efectivas para achegar a artesanía á sociedade, especialmente aos máis pequenos, ao mesmo tempo que contribúen a visibilizar a marca Artesanía de Galicia, os oficios artesanais e a fomentar o relevo xeracional.

Durante o mesmo horario da feira –de 11.30 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas– terán lugar dous obradoiros abertos para as familias: un sobre pintura decorativa sobre madeira, impartido pola artesá Leonor Díaz, de Como pez en el agua (Vigo); e outro de iniciación á cestería, a cargo de Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño).

Destacar que o evento Artesanía de Galicia en Muros coincide co remate da exposición itinerante Enredadas, que se pode visitar no Muíño das Mareas do Pozo de Cachón de Muros ata este domingo 18 de xullo.

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.