Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Muxía habilitou unha bolsa de emprego local para oito operarios municipais

Outro traballador asumirá o mantemento do roteiro do Camiño dos Faros

O Concello de Muxía puxo en marcha unha bolsa de emprego que conta cun total de 8 operarios de servizos múltiples para aumentar os traballos de mellora e acondicionamento, tanto no núcleo como no rural. Traballarán a xornada completa durante varios meses.

Tamén se firmou un contrato mediante APROL, consistente nun novo operario para desbroces. A súa principal zona de actuación será o Camiño dos Faros, alternando tamén con outras tarefas por todo o municipio.

O alcalde de Muxía, Iago Toba, transmitiu aos novos traballadores e traballadoras “a importancia do seu labor para que toda a veciñanza poida sentirse orgullosa deste servizo municipal”.

Tras estas novas incorporacións traballarán de forma simultánea un total 13 persoas, xa que a estes 9 operarios hai que sumar os 4 contratados con anterioridade a través do Plan de Emprego Local da Deputación.

A activación desta bolsa de emprego "cumpre cunha prioridade e unha aposta en firme do goberno local que, a pesar de levar esta iniciativa a distintas sesión plenarias anteriores, non puido prosperar ao contar cos votos en contra dos membros da oposición”, afirmou o rexedor muxián.

Tras o acto da firma, Toba transmitiu “a necesitade de aumentar o persoal que tiñamos ata agora xa que con esta proposta reforzarase os traballos de acondicionamento e adecuación no noso rural e, por tanto, melloraremos a calidade de vida da nosa veciñanza”.

Paralelamente, o concelleiro de Obras e Parroquias, Javier Romar, estará ao cargo deste novo sistema de traballo e destacou “as posibilidades que estas novas contratacións van a poder ofrecer ao municipio, sendo fundamentais para acometer melloras nos distintos núcleos rurais”.

15 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.