Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Minia Manteiga recibiu o premio do 8-M do Concello // Trazo estreou ‘Elas ao fronte’ e Noia homenaxeou a oito labregas // ‘As Rumorosas’ foron protagonistas en Padrón, Valga sumou ó comercio e Ames acolleu unha manifestación TEXTO Arca

Negreira recoñeceu á primeira catedrática de Astrofísica galega

Os municipios seguen a conmemorar o Día Internacional da Muller con emotivos actos de renoñecemento a veciñas e profesionais, entre eles o que se viviu no Concello de Negreira, que fixo entrega do seu Premio 8 de Marzo a Minia Manteiga Outeiro, natural da capital barcalesa e primeira muller catedrática de Astrofísica en Galicia.

No acto participaron o alcalde, Manuel Ángel Leis Míguez; a concelleira de Muller, María del Mar Gacia Vidal; Marcos Manteiga, xornalista e irmán de Minia; Álvaro Barreiro, catedrático de Informática da Universidade da Coruña; Xosé Amancio Liñares, catedrático de Xeografía e Historia; e varios membros do equipo Equa de Igualdade do IES Xulián Magariños.

Pola súa banda, o Concello de Trazo programou varios actos, entre os que destacou a presentación dunha peza audiovisual. A proxección do documental Elas ao fronte reuniu a bastante público no salón de actos da Casa Amarela. Na súa difusión colaboraron co Concello a Deputación da Coruña e o Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Noia celebrou o pasado martes o acto principal da programación do 8-M no Coliseo Noela cunha homenaxe a oito labregas do municipio: Esperanza Mayán, María Paz Mayán, Filomena Blanco, María Bernardina del Río, Josefa del Río, María Asunción Lires, María Dolores Filgueira e María del Carmen Ínsua.

No acto, amenizado por Elena Agra, tamén houbo un recordo especial para as mulleres de Ucraína.

Pola súa banda, preto de 120 persoas asistiron no auditorio de Padrón á homenaxe ás Rumorosas, protagonistas da exposición de rúa coa que o Concello conmemorou este ano o Día Internacional da Muller.

A mostra que leva por título As nosas rumorosas inaugurouse antes do acto institucional do 8-M cun percorrido guiado, ao que se foron sumando veciñas e veciños ata formar un grupo dun cento de persoas. A citada exposición permite coñecer as historias de vida de dez mulleres vencelladas ao municipio.

Ames celebrou o Día Internacional da Muller cun acto institucional e unha andaina guiada pola ruta 8-M. Un bo grupo de mulleres participaron na manifestación convocada pola Plataforma Feminista de Ames, que percorreu as rúas de Bertamiráns na tarde deste martes.

E, finalmente, Valga sumou ó comercio á súa campaña feminista.

10 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.