Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Editado por Fervenza, a publicación conta con ilustracións a todo cor de Manuel Blanco Rey // Tralo éxito os autores non descartan darlle continuidade // Con os biosbardos de protagonistas o relato garda unha morea de segredos TEXTO Sol Elvira

Neira introdúcese na maxia do conto infantil en ‘O libro falador’

San Miguel de Sarandón (Vedra), acolleu a presentación de O libro falador, publicación coa o que seu autor, Henrique Neira, e o seu ilustrador, Manuel Blanco Rey, introdúcense na maxía do conto infantil. Editado por Edicións Fervenza, o libro contou co apoyo do Concello de Vedra e da Xunta. O libro falador é un conto infantil en tapa dura e con ilustracións a toda cor no que, a través de sonoras rimas, se narran as aventuras de dous biosbardos, Landriña e Carolo, na súa teima por crear un “libro falador”. Este máxico libro pretende albergar unha morea de segredos e, para crealo, os biosbardos terán que percorrer na compaña do lector/a distintos lugares de todo o mundo na busca de todos aqueles elementos precisos para a súa creación.

Autor e ilustrador falan da experiencia vivida.“O libro xa o preparamos en 2009, cando Manuel e mais eu faciamos viñetas para o xornal Galicia Hoxe e queríamos facer un proxecto conxunto. Probamos a facer un conto infantil porque parecía interesante cambiar dos debuxos e dos guións que faciamos orientados ao público adulto. Coa crise económica daqueles anos o proxecto quedou á espera dun mellor momento, que xurdiu en 2021 cando lle presentamos o proxecto a Edicións Fervenza.”, conta Neira da súa incursión no mundo da literatura infantil

Sobre o porqué do nome O Libro falador explica que “queriamos contar como se fan os libros artesanais, con materiais que orixinalmente procedían de lugares moi diversos, e por iso os personaxes, os biosbardos Landriña e Carolo viaxan por medio mundo á busca deses materiais. Non lles vale calquera cousa, porque o libro que queren construír é un libro falador que conteña todos os segredos dos biosbardos. Por tanto é un libro moi especial”.

Tiña claro o mensaxe a trasmitir á rapazada. “Falamos de respecto polo medio natural, de cultura, de viaxes a lugares famosos, de libros impresos, que son cousas que nos parecen interesantes, pero sempre buscando que o libro sexa ameno e divertido. Esperamos facer atractivos os libros impresos, nun mundo no que compiten con moito contido audiovisual”, dice Neira.Tras comprobar a aceptación non descarta darlle continuidade, “podía ser bonito facer unha continuación”, di Henrique que actualmente está a traballar nun libro sobre as festas de Vedra.

O ilustrador, Manuel Blanco lembra como xurdiu a idea. “Henrique e máis eu eramos compañeiros en El CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe e xurdiu a idea de facer un libro infantil para presentalo a un concurso literario do Concello de Santiago ... Quixemos recuperar un conto que ven trasmitindose de pais a fillos dende que eu recordo: Os Biosbardos, na miña aldea chamábanse Jhasafellos, uns seres fantásticos que só saían pola noite e que vivían nas carballeiras, nos buratos dos carballos centenarios”, conta o ilustrador.

En canto o que aporta o conto aos meniños dí que “ é unha forma moi visual e amena de recuperar e trasmitirlle os mais pequenos o que os nosos pais nos contaron a nós sobre eses pequenos seres fantásticos que habitan nas árbores. Ademais o estar escrito en verso creo que lle da a obra unha beleza singular”.

Non é a primeira vez que Blanco ilustra textos, “é a primeira vez que ilustro un libro para nenos pero fixen debuxos para media ducia delibros máis. Dende pequeño sempre me gustou o debuxo e a pintura pero foi hai máis de 20 anos que empecei a facer colaboracións en EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe ilustrando comentarios de opinión, facendo viñetas, caricaturas e un longo etcétera”, lembra Blanco.

04 jul 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.