Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
FESTIVAL. Sesenta persoas desfrutaron do concerto de Marianne Gubri // Logo impartiu unha clase na igrexa de Santa María A Nova, entre laudas gremiais

Noia conquista co son das arpas

A intérprete italiana Marianne Gubri abriu con éxito este mércores a oitava edición do festival de arpa de Noia (Noia Harp Fest) cun espectacular concerto ó aire libre nun entorno natural privilexiado (os xardíns da central hidroeléctrica do río Tambre), e impartiu un obradoiro na igrexa de Santa María A Nova.

A localidade acollerá este venres o fin de festa do festival, a única cita arpística do noroeste ibérico e que conta coa participación de figuras de Italia, Bretaña, Lituania, Francia, Paraguai, Galicia, Euskadi, Cataluña e Andalucía, cun programa no que teñen cabida concertos de música clásica, o flamenco, o folk e mesmo a vangarda, ademais de clases maxistrais cos artistas participantes.

Os concertos que porán o broche final son os de Ana Crisman, o dúo Formiga e Cigale e Ysando Trío.

A andaluza Ana Crisman ofrecerá unha clase maxistral gratuíta sobre flamenco e arpa celta ás 11.30 horas na citada igrexa. Pola tarde, Crisman actuará ás 19.45 nos xardíns da central hidroeléctrica.

Será a primeira incursión do flamenco na historia do Noia Harp Fest. Crisman, autodidacta, creou un repertorio con composicións propias que inclúe tarantas, rondeñas, soleás, granaínas, malagueñas, alegrías, bulerías ou fandangos.

Ás 22.00 será o concerto de Formiga e Cigale na Praza do Tapal. Desde Bélxica chega este dúo formado por unha arpa celta e un violín, que deleita á multitude coas súas actuacións en directo únicas. O seu son é unha exploración dos elementos modernos da música folk mantendo a súa esencia fundamental.

Ysando Trío (Paraguai) actuará na mesma praza noiesa unha hora despois. O grupo fórmano tres solistas: Orlando Rojas (guitarra clásica e popular), Andrea González (violinista clásica e popular) e Ismael Ledesma (arpista, compositor e intérprete). Fusionan a tradición musical paraguaia e latinoamericana con composicións propias.

06 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.