Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Freire e Comesaña asinaron este luns o convenio que permitirá a súa construción // O inmoble dobrará a superficie do actual // Incorporará tres novas salas de técnicas e unha consulta de hixienista dental, así como a base do 061 TEXTO María Cano

Noia contará cun centro de saúde máis amplo e equipado

Noia deu este luns un gran paso adiante para que o novo centro de saúde da vila sexa pronto unha realidade. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde, Santiago Freire, asinaron un convenio que permitirá a construción dun novo ambulatorio no municipio que terá unha superficie de máis do dobre do actual, pois acadará case os 4.200 metros cadrados, fronte aos 1.780 do actual inmoble.

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego agradeceu e salientou a axilidade e rapidez por parte do Concello de Noia na posta a disposición da Xunta dos terreos onde se construirá a infraestrutura sanitaria, unha previsión que permitirá que o de Noia sexa o primeiro centro de saúde da provincia da Coruña da Fase 1 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria.

García Comesaña destacou que será un edificio de uso exclusivo sanitario, co que iso significa para a ordenación da asistencia. Un inmoble moderno, fronte ás actuais instalacións de máis de 25 anos, que permitirá mellorar a organización asistencial, pois contará con catro salas de técnicas –tres máis que as actuais– onde se poderán facer ecografías, espirometrías, retinografías, electrocardiogramas ou cirurxía menor.

No novo centro de saúde tamén haberá espazo para unha consulta de hixienista dental xunto á de odontoloxía, ou para incorporar vestiarios para os pacientes na área de fisioterapia. As melloras tamén afectan á área pediátrica, que ampliará os seus espazos e contará cunha sala de observación con capacidade para dous postos, e á zona do PAC, que ampliará a área de consultas e a sala de observación, e integrarase dentro deste moderno edificio a base da ambulancia do 061.

A Xunta segue traballando na renovación integral da atención primaria en Galicia. Neste sentido, García Comesaña lembrou que traballan nun novo modelo de organización da atención primaria “que deixe de estar centrado en exclusiva no médico e potencie o papel das outras categorías dos centros de saúde”. O dispensario de Noia será un exemplo deste novo modelo “xa que o ano pasado incorporou e cubriu unha nova praza de enfermería especialista en familiar e comunitaria, e conta tamén con persoal farmacéutico, ao que estamos a ampliar tamén as súas funcións”, dixo.

“teremos un dispensario adaptado ás necesidades”
Santiago Freire Abeijón
Alcalde de Noia

Santiago Freire destacou que “con este novo convenio, Noia marca unha folla de ruta para que o noso municipio conte pronto cun centro de saúde adaptado ás necesidades de todos os veciños e veciñas”. Cómpre indicar que o ambulatorio de Noia atende a máis de 13.000 persoas deste concello e, a través do PAC, chega a 32.000, xa que dá servizo á veciñanza de Lousame, Outes e Porto do Son.

A administración municipal investiu neste ambicioso proxecto máis dun millón de euros para a adquisición das parcelas do novo complexo sanitario e que ademais verase incrementado con novos terreos nas inmediacións do mesmo.

Tras a sinatura do convenio, ambas comitivas, Xunta e Concello, realizaron unha visita ao actual centro de saúde para transmitirlle ao persoal sanitario a boa nova de primera man, así como recoller as súas propias impresións. “Estamos moi orgullosos e moi agradecidos á Consellería de Sanidade por este convenio que asinamos hoxe e que vai permitir que Noia sexa o primeiro centro de saúde da provincia da Coruña da fase 1 do Plan de infraestructuras da Xunta que pase do papel ó formigón”, afirmou o rexedor.

Nos últimos 12 anos, o Goberno galego construíu ou reformou máis de 100 centros que, xunto cos 5 en construción, suman un investimento de máis de 120 millóns de euros.

{ blanco o negro }
Vieja demanda
María Cano

es una gran noticia para Noia. Vecinos, profesionales sanitarios y políticos llevaban años solicitando un nuevo centro de salud, pues la remodelación de las actuales instalaciones es una opción que se había descartado. Después de 25 años, había innumerables cuestiones que actualizar: se denunciaban carencias en la climatización, ausencia de cubierta en la zona de ambulancias o problemas con la accesibilidad, entre otras. Ahora pronto será una realidad y el nuevo edificio vendrá acompañado de una mejora de los servicios. Todo ello supondrá una mejora en la atención a los usuarios, ya que este ambulatorio, a través del Punto de Atención Continuada, llega a 32.000 personas, y también a los cerca de 50 profesionales que prestan servicio.

10 oct 2022 / 20:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.