Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Súmanse á iniciativa o colexio Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia, o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas de Vila de Cruces e o IES Terra de Soneira de Vimianzo // Prestan apoio educativo e familiar ao alumnado máis vulnerable TEXTO María Cano

Nove centros de Área na rede de orientación persoal da Xunta

A Xunta de Galicia vén de ampliar a Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia a un total de 42 centros públicos de Infantil, Primaria e Secundaria, dez máis que o pasado curso, que este ano exercerán como coordinadores do resto dos colexios e institutos da súa área de influencia para o apoio ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.

Esta acción, que a Consellería de Educación puxo en marcha de xeito pioneiro o curso pasado, supuxo a creación dunha rede de trinta e dous centros educativos que exercían de dinamizadores das súas respectivas áreas a través doutras tantas unidades de acompañamento e orientación, dotadas con profesorado específico. Agora, co obxectivo de continuar o programa, a rede amplíase en dez centros máis.

Polo que respecta aos concellos de Área de Compostela, xa estaban en dita rede o instituto Plurilingüe de Ames, o IES Fernando Blanco de Cee, o IES Leliadoura de Ribeira, o CPI Plurilingüe Dos Dices de Rois, o CPI Plurilingüe de Vedra e o CEIP Xaquín Loriga de Lalín. Súmanse á lista o CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso de Noia, o CEIP Plurilingüe de Cerdeiriñas de Vila de Cruces e o instituto Terra de Soneira, do concello de Vimianzo.

En canto aos centros educativoas de novo ingreso, pola provincia da Coruña, tamén se contempla na lista o CEIP Plurilingüe Víctor López Seoane de A Coruña, o instituto Punta Candieira de Cedeira, o CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda, o CEIP das Fontiñas de Santiago de Compostela e o colexio Pío XII, tamén da capital galega; pola provincia de Pontevedra acceden o CEIP de Portonovo en Sanxenxo e CEIP Plurilingüe O Sello de Vigo.

Dende a Consellería de Educación indicaron que “a tarefa desta Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia céntrase en desenvolver actuacións específicas de apoio e seguimento ao alumnado máis vulnerable desde o punto de vista educativo, ao tempo que colabora coas familias e a contorna”.

Ademais, co fin de atender á área xeográfica que lle corresponda e favorecer a mobilidade e o desprazamento dos profesionais, “cada un destes centros constitúe unha unidade de Acompañamento e Orientación persoal atendida por unha persoa coordinadora do grupo dos corenta e dous docentes incorporados para esta función”, din ao respecçto.

Estes docentes –a razón dun por centro da rede– son os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado que o precise. A súa función, segundo sinalaron dende o Goberno autonómico, é a de complementar a actuación ordinaria dos centros educativos da súa área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas, e sempre en coordinación cos departamentos de orientanción dos centros. Tamén se realizan labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos.

Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia sirve tamén de apoio e reforzo ao labor dos máis de 4.000 profesionais dedicados á orientación e o reforzo educativo que diariamente están traballando de xeito ordinario nos centros educativos galegos.

o protagonista
En 2021 a acción atendeu a 500 alumnos
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación

Os centros educativos galegos contan desde o pasado curso cunha nova ferramenta de apoio, para o seguimento e axuda ao alumnado con maiores dificultades desde o punto de vista educativo e familiar.

Cómpre lembrar que no ano 2021 o Executivo autonómico destinou un orzamento de máis de 7 millóns de euros á posta en marcha desta iniciativa específica que se enmarca dentro do Plan Recupera para blindar a calidade do sistema educativo e evitar que ninguén se quedara atrás, sobre todo tendo en conta o contexto de pandemia vivido. Así, esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia prestou apoio a preto de 500 alumnos e a máis de 300 centros educativos.

Nesta ocasión, dita rede estará composta por un total de 42 colexios e institutos que exercerán de dinamizadores nas súas respectivas áreas.

{ BLANCO O NEGRO }
Importante respaldo
María Cano

ESTE TIPO DE iniciativas son fundamentales, especialmente en la actualidad. Son acciones que sirven para acompañar trayectorias educativas del alumnado con el objetivo de encaminarle y evitar fracasos. Se puso en marcha en un contexto complicado, para paliar los efectos de la pandemia en este ámbito y para respaldar al estudiante vulnerable y, paralelamente, mejorar su rendimiento académico y prevenir el riesgo de abandono escolar. Todo ello desenvolviendo actuaciones específicas de apoyo y seguimiento, colaborando con las familias y su entorno. Herramientas que nacen en momentos difíciles a todos los niveles, especialmente para las familias, pero que son fuente de apoyo y quizás hayan llegado para quedarse.

13 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.