Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo corte do tráfico na ponte de Baio para rematar a ampliación

Dende este mércores ata a última hora do venres só os peóns poderán cruzar o río

Zas. Os traballos para rematar as obras de ampliación da ponte sobre o río Grande en Baio, no concello de Zas, obrigan a un corte de tráfico desde este mércores, día 19, e ata última hora deste mesmo venres, día 21. Durante a execución das obras manterase operativo en todo momento un paso para os peóns.

Para facilitar o tráfico de vehículos, habilitarase a correspondente sinalización para desviar o tráfico pola vía de alta capacidade VG-1.5. Segundo a programación dos traballos, o mércores 19, agardándose que a previsión meteorolóxica sexa favorable e se dean as condicións necesarias de temperatura e ausencia de choivas, está previsto iniciar os traballos de pulido do aglomerado da calzada e a colocación das xuntas de dilatación do taboleiro da ponte.

Tal e como se anticipou no seu día aos representantes municipais e dos empresarios da comarca nas reunións previas, para estes traballos é necesario realizar o corte da circulación de vehículos sobre a ponte. A previsión é que o tráfico se poida reanudar con normalidade en ambos os carrís a última hora do venres 21, sempre que se manteñan as adecuadas condicións climatolóxicas.

As obras, interrompidas durante o período de Nadal para minimizar as afeccións, retomáronse o luns día 10 coa instalación da varanda de peóns. A finais da primeira semana quedaron colocados os treitos rectos e esta semana instalaranse os treitos en curva. Ademais, este luns día 17 iniciáronse os traballos de pavimentación da beirarrúa da marxe de augas abaixo, na marxe dereita, e a finais de semana realizarase a da marxe contraria.

Posteriormente continuarase co pavimento de loseta para completar o itinerario peonil ata as beirarrúas existentes. As obras finalizarán coa instalación da sinalización e marcas viarias, que está previsto realizar a principios do mes de febreiro.

Cómpre lembrar que nesta actuación, ante as dificultades técnicas atopadas ao inicio da súa execución, foi necesario acometer unha reorganización dos traballos e da circulación en distintos momentos.

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.