Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
UN MUNDO EN MINIATURA. O nacemento afronta xa os últimos días de apertura ao público, antes do seu peche o 8 de xaneiro // Ata el achégaronse estes días nenos e grupos procedentes das comarcas do Sanés, Barbanza e O Sar TEXTO María Rendueles

O Belén Artesanal de Valga atrae a numerosos colectivos

A pesar do período de vacacións escolares, o Belén Artesanal en Movemento de Valga continuou estes días recibindo numerosas visitas concertadas fóra do seu horario habitual de apertura, da man de outros colectivos institucións que manteñen a súa actividade nas datas de Nadal e colectivos coma centros de día e asociacións. O nacemento, que algúns defininen como un mundo en miniatura, afronta os seus últimios días xa que vai ser clausurdo o vindeiro 8 de xaneiro.

Un dos grupos máis numerosos dos últimos días foi o da escola infantil municipal de Valga, que desprazou ata Campaña a varias das súas aulas para que os cativos gozaran coa multitude de figuras, moitas delas con movemento, que compoñen o nacemento.

Non foron os únicos nenos que se achegaron ao nacemento, que tamén recibiu aos participantes na ludoteca de Nadal do Centro de Ocio Barallocas, do concello de Padrón, unha decena de rapaces de entre 3 e 7 anos de idade.

Moitas das excursións recibidas nos últimos días estiveron protagonizadas por usuarios de centros de día e residencias de maiores procedentes de distintas localidades. Foi o caso de A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cuntis e Dodro. E tamén outros colectivos aproveitaron estas xornadas para enchouparse do espírito do Nadal a través do Belén Artesanal, coma a asociación de familias de persoas con discapacidade intelectual da comarca do Sar, (Amipa) con sede en Rois, ou a asociación Lar de Vilagarcía.

HORARO E CONTIDO. Indicar que o Belén Artesanal en Movemento afronta os seus últimos días de apertura ao público, antes da súa clausura o 8 de xaneiro.

O horario no que pode visitarse é de 17.30 a 20.30 horas de luns a venres, os sábados de 17.00 a 20.30 e os domingos e festivos de 12.00 a 14.00 horas pola mañá e de 17.00 a 20.30 pola tarde. Os grupos poden concertar cita fóra de este horario a través do número de teléfono 630 95 25 15.

O Belén de Valga, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2013, conta con mías de 4.500 pezas talladas de xeito artesanal. Nelse combinan as tradicionais figuras de recreacións de Nadal con alusión aos costumes e oficios galegos e referencias á actualidade do ano tanto a nivel local, como autonómico, estatal ou internacional.

31 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.