Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O castelo ceense de Ameixenda é a casa máis cara de Galicia

Está a venda por cinco millóns de euros // Ten piscina, pista de tenis e unha gran finca

A casa máis cara de Galicia está en Cee. Trátase do Castelo do Príncipe, situado en Ameixenda, e está a venda no portal inmobiliario Idealista por 4.990.000 euros. Ofrecese como unha “exclusiva e única” propiedade en primeira líña de praia construída sobre uns acantilados de catro metros.

A fortaleza foi mandada construír en tempos de Felipe V no ano 1740 e quedou rematada no 1751, pasando a denominarse como Castelo Fortaleza do Príncipe, na honra do seu fillo Carlos, que se convertería despois no rei Carlos III. O inmoble foi restaurado na década dos 80 do pasado século.

A parte antiga ten unha superficie de 1.900 metros cadrados, e componse da fortaleza con teitos de pedra abovedados. Conta con dous salóns comedor unidos por un arco de pedra, cinco dormitorios con cheminea e outros tantos baños incorporados, dous aseos, cociña e despensa. Complementase cun patio de armas, polvoríns e as almeas, que acollen un salón estilo marroquí con terraza mirador e unha bodega. O inmoble dispón de calefacción con solo radiante.

A histórica construción atópase dentro dunha finca de máis de 33.000 metros cadrados, pechada cunha muralla de pedra e con trescentos metros de fachada ao mar con acceso privado.

A maiores o complexo conta dous chalés, un deles de estilo inglés duns douscentos metros cadrados, que conta cun friso de azulexo decorado a man. O outro ten dúas plantas que suman outros cento trinta metros cadrados.

Na finca hai ademais outras dúas casas xemelgas, de douscentos metros cadrados por planta. Unha delas dispón dunha sala de xogos, un apartamento con salón, comedor, cociña e cuarto de baño, dous dormitorios e dúas suites con baño e salón.

Como servizos complementarios destacan unha piscina de 18x10 metros, pista de tenis, un estanque do século pasado e outros tres que se comunican entre sí e un depósito para almacenar auga para o rego, con capacidade para mil toneladas.Todas as líñas eléctricas e telefónicas están soterradas.

A finca actualmente está adicada na súa maioría a xardín, no que abundan diversas especies arbóreas: camelios, magnolios, cedros, rododendros, azaleas, hortensias ou rosais, ademais de árbores froiteiras como laranxos e limoeiros, entre outros.

Todo iso e máis por un prezo de partida de case cinco millóns, aínda que segundo consta na oferta “o prezo é negociable”. Advirten, eso sí, que para concertar unha visita para ver o inmoble é “imprescindible carta de intencións” e piden, “por favor, abstéñanse os curiosos”. Só se admitirán as peticións de “persoas interesadas e solventes”. Si vostede é unha delas ten os datos de contacto na web www.idealista.com.

28 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Cee
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.