Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O deporte e as saídas: centro do ocio en Frades en agosto

Seguen as excursións á praia e celebraranse o Día da Bicicleta e o campionato de pádel

Os nenos e nenas de Frades están a vivir un verán cargado de actividades do máis variadas. E é que a rapazada non ten tempo para aburrirse, pero tampouco o teñen os maiores, dado que tamén hai propostas para eles.

O pasado 27 de xuño arrancaban os campamentos municipais, que terán lugar ata o vindeiro 2 de setembro. As actividades estanse a desenvolver no CPI Ponte Carreira e nas instalacións municipais. Pero, ademais disto, nenos e adultos poden desfrutar da auga do mar grazas ao programa Xoves de praia, que aínda se desenvolverá os días 18 e 25 deste mes e 1 de setembro. O día 21 a veciñanza poderá desfrutar da actuación Picnic, de Pérez e Fernández (que fora aprazada).

Faranse asemade rutas de sendeirismo para os máis deportistas e excursións para os máis viaxeiros. E é que este ano unha gran novidade será a saída de catro días a Navarra e A Rioxa, que terá lugar do 22 ó 25 de setembro.

Dende o Concello lembran que hai un límite de 50 prazas nesta actividade. O prezo é de 315 euros e inclúe autobús, 3 noites de hotel catro estrelas, comidas, seguro de viaxe e guías. Os rapaces de ata 12 anos abonarán 200 euros.

Non faltarán tampouco as actuacións e, de novo, actividades para os máis novos, como a Festa da Auga. Está prevista para o vindeiro día vinte deste mes e será na piscina municipal. Os pequenos gozarán de inchables acuáticos, tobogán de auga, Festa da Escuma e máis sorpresas.

Desenvolverase no municipio asemade o Día da Bicicleta. Será o vindeiro día 27 a partir das 11.00 horas e poden participar persoas de todas as idades. A ruta ciclista discorrerá polo concello e é obrigatorio o uso do casco. Ao finalizar haberá agasallos para todos os participantes. Os interesados teñen que anotarse antes do martes 23.

Celebrarase tamén un campionato de pádel o día 27, a partir das 16.00 horas, na piscina municipal. Igualmente, hai que apuntarse antes do 23 e os finalistas recibirán premios. En setembro, a parte da excursión, está previsto no multiusos de Frades o contacontos Os ratos e as ratiñas de Lonxedotodo. É preciso apuntarse antes do día 21 no Concello para asistir. Aínda están en marcha este mes as clases de pilates. A maioría das actividades son de balde.

16 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.