Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Descenso do Anllóns premia a orixinalidade e a simpatía

A proba será o 25 de xuño // Repartirá 2.375 euros // Hai unha gratificación para as primeiras vintecinco embarcacións inscritas

O prazo para anotarse e participar no XXIII Descenso do Anllóns rematará o 20 de xuño. E os que queiran competir en tan orixinal proba deben cumprir unhas bases que acaban de ser publicadas. A regata máis tola de Carballo terá lugar o 25 de xuño a partir das seis da tarde.

É obrigatorio que as embarcacións estén construidas artesanalmente e poderán ser propulsadas por calquera medio (remo, pedais...), exceptuando a propulsión mecánica a motor.

O percorrido parte do Bosque do Añón (ponte de Bértoa) e remata no Parque do Anllóns, e durante o circuito os concursantes atoparán varias metas voantes e deberán efectuar divertidas probas de habilidade.

Haberá dúas metas. Na primeira, no inicio do Parque do San Martiño, puntuarase a velocidade da embarcación e na segunda, no Parque do Anllóns, a súa orixinalidade e a simpatía da tripulación, sendo obrigatorio que como mínimo a metade dos seus membros permanezan sobre ela durante todo o traxecto.

A proba repartirá en premios e gratificacións 2.375 euros. No apartado de embarcación máis orixinal repartiranse 300, 200 e 125 euros ás tres primeiras; para a tripulación máis simpática destínanse 200 e 100 euros ás dúas mellores; e haberá 100 euros para as probas de habilidade e outros tantos para o barco máis veloz. Ademáis, as 25 primeiras embarcacións inscritas recibirán 240 euros e o xurado poderá repartir outros 250 en accésits.

07 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.