Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O descenso no consumo de auga evita os cortes na Maía

A Maía. O alcalde de Ames, Blas García, e o de Brión, Pablo Lago, acordaron que polo de agora non haberá cortes de auga nas traídas municipais despois de que o consumo da veciñanza descendera. Pero, ademais, urxirán as obras para reparar a presa da Ponte Maceira, xa que de manterse na súa integridade o tubo de captación non estaría a piques de quedar ó aire.

Deste xeito, según García, “polo de agora non se van adoptar medidas drásticas de corte de auga, pero temos que ser conscientes de que estamos en situación de prealerta, e é complicada. Imos seguir facendo revisións periódicas sobre o consumo de auga. Na última semana detectamos que houbo unha diminución no consumo de auga en Bertamiráns e no Milladoiro; isto indica que a maior parte da veciñanza está concienciada sobre o aforro de auga. Imos seguir mantendo reunións periódicas co Concello de Brión para ver como evoluciona a situación”.

Lago, pola súa banda, deixaba claro que este tipo de situacións de seca van continuar e que “é necesario que dende as administracións creemos as infraestruturas necesarias para garantir o subministro da auga á veciñanza”. Tamén porán en marcha unha campaña conxunta para dar consellos de aforro e solicitarán a Augas de Galicia e a Patrimonio o arranxo da presa da Ponte Maceira, que ten unha rotura dende marzo que, de terse reparado, deixaría a captación a 40 centímetros da superficie, e non a 20. M. Outeiro

29 ago 2022 / 16:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.