Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O dúo Cives e Caamaño leva os Cantos de Nadal ás terras de Vimianzo

Percorrerán todas as parroquias do concello dende o día 17 ata a véspera de Noiteboa

Vimianzo. O Concello de Vimianzo convida á veciñanza a unha segunda edición dos Cantos de Nadal, que desta volta contarán coa actuación do dúo Cives e Caamaño.

A programación iniciarase o 17 de decembro ás 18.30 horas na escola de Carantoña.O mesmo día, ás 20.30 horas, será na casa da cultura de Baíñas. O domingo 18 de decembro ás 12.00 horas, no centro cultural de Carnés, e o luns 19 haberá dobre cita: ás 18.00 horas, na escola de Pasarela, e ás 20.00 horas na escola de Vilar de Cereixo.

O martes 20, tamén haberá dous eventos. Ás 17.00 horas no salón parroquial de Castromil e ás 19.00 horas na escola de Cambeda.

O ciclo continuará o mércores 21, ás 18.00 horas, no local social de Comareiro, en Serramo, e ás 20.00 horas na escola de Bamiro. O xoves 22 os Cantos de Nadal chegarán ás 16.30 horas á escola de Castrelo; ás 18.30 á escola de Tines; e ás 20.00 h. á escola de Treos. Rematará o venres 23 ás 18.00 horas na escola de Berdoias.

Quen o desexe, posteriormente ás actuacións, haberá degustación de chocolate con churros e outras viandas.

No marco da programación de Nadal, este sábado, día 10 representarase no auditorio da casa da cultura a obra Folie, da compañía Punto de Partida. A función comezará ás 20.30 horas.

E o vindeiro venres, día 16, abrirá as súas portas a pista de patinaxe sobre xeo ás 16.00 horas. Despois, ás 18.45 horas a ceense Ainhoa Conde presentará o seu libro Devotos do destino. M. LAVANDEIRA

10 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.