Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O grupo Xente que fala do Instituto do Milladoiro pasa á final do debate

Primeiros foron os alumnos do IES Candieira de Cedeira e terceiros os do CPI de Dodro // Este mércores nova semifinal sobre liberdade individual e común

O auditorio de Negreira acolleu unha fase clasificatoria do X Club de Debate que continuará hoxe. E, polo de pronto, xa se confirmaron os tres primeiros equipos que pasarán á final: no alto do podio, os representantes do IES Candieira de Cedeira; en segundo lugar, Xente que fala, grupo do IES do Milladoiro e, en terceiro, os alumnos do CPI Lorenzo Baleirón de Dodro.

Hai que lembrar que nesta edición participan once equipos dos concellos de Ames, Cedeira, Dodro, Negreira, Pontevedra e Teo, representando ao municipio maián tres conxuntos do IES do Milladoiro e outros dous do IES de Ames. Ao longo das dúas xornadas, a rapazada de 1º de Bacharelato e de 3º e 4º da ESO debaterán sobre o tema A liberdade individual está por riba dos intereses colectivos?, defendendo ambas posturas a favor e en contra. E os primeiros tres equipos con maior puntuación de cada día pasará á final, levando os dous primeiros premios por importe de 500 e 300 €.

O Club de Debate, xa na súa décima edición, é un proxecto de dinamización lingüística dirixido á mocidade, no que colaboran e participan varios concellos galegos en colaboración cos seus centros de ensino secundario. O obxectivo é favorecer o uso do galego oral en contextos formais, a través dos propios debates, e no ámbito informal, na convivencia entre os diferentes grupos que participan.

Aínda que a oratoria e as habilidades comunicativas teñen un papel destacado no desenvolvemento da actividade, esta tamén cómpre dunha preparación dos temas e dun proceso de documentación para poder defender e rebater ambas posturas, tanto a favor coma en contra.

Neste ano 2022 participarán once equipos mixtos, formados por rapazada de 1º de Bacharelato e de 3º e 4º da ESO, de oito centros de ensino distintos. Neste senso, Ames é o concello cun maior número de conxuntos participantes, cun total de cinco.

Este martes celebrouse a primeira das dúas xornadas clasificatorias, nas que se determinarán os seis equipos que disputarán a final o próximo 6 de maio, na CSC Santa Marta de Santiago de Compostela. Cada día clasificaranse os tres equipos que sumen unha maior puntuación do xurado, que valorará cuestións como a calidade e a orixinalidade dos argumentos, a seguridade, a capacidade de oratoria e de improvisación, o traballo en equipo ou a calidade lingüística.

DA MAÍA. Nesta primeira xornada participaron seis conxuntos, cunha ampla representación amesá. Deste xeito, durante este martes debaterán dous grupos do IES do Milladoiro, un do IES de Ames, e outros tres grupos dos IES Punta Candieira (Cedeira), do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e do IES de Cacheiras (polo Concello de Teo).

Outros cinco equipos competirán este mércores 6, entre os que se atopan un conxunto do IES de Ames e outro do IES do Milladoiro. Ademais, acompañan á rapazada amesá outros tres grupos do IES Xulián Magariños (Negreira), do Colexio Sagrado Corazón de Praceres e do IES Sánchez Cantón (Pontevedra). O conxunto gañador desta edición gozará dunha viaxe multiaventura dunha fin de semana, na que se incluirán contidos culturais e tamén lingüísticos.

05 abr 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.