Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O lavado de cara na praia de Tapia será despois deste verán

Van a repararse a cuberta dos vestiarios e o muíño // Adxudicouse á empresa Coviastec

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación das obras de reparación da cuberta dos vestiarios e o acondicionamento do muíño

que están situados na área recreativa de Tapia. Uns traballos que segundo expresou a este xornal o alcalde da vila, Blas García, se executarán tralo tempo de piscinas, é dicir, a partir do 15 de setembro para non estorbar aos usuarios. O Concello amesán incluíu no plan complementario de 2021 da Deputación da Coruña dita obra para mellorar ambas instalacións. A adxudicación deste proxecto foi aprobada en Xunta de Goberno Local á empresa Coviastec SL por un importe total de 121.608 euros. Segundo indicou o alcalde, o pasado 9 de xuño foi cando se abriu o proceso de licitación.

A cuberta dos vestiarios de Tapia encóntrase en mal estado, con filtracións de auga e con deterioro da madeira que constitúe esta estrutura, polo que está previsto levantar toda a cuberta, incluso a súa estrutura, e substituíla por unha nova. No caso do muíño, carece de porta, de alumeado interior e a cuberta encóntrase en mal estado de conservación, polo que ao igual que no caso dos vestiarios, preténdese levantar a cuberta e substituír a estrutura da mesma por unha nova, e volver a construíla; aproveitando para colocar un punto de luz estanco no interior do muíño, e unha porta de enreixado, tipo tramex, feita en aceiro inoxidable.

Deste xeito, as obras consisten en levantar as cubertas do muíño e dos vestiarios, incluso a estrutura portante e o revestimento inferior de madeira. Instalarase unha nova estrutura de madeira laminada e un entramado de madeira para soportar os novos entaboados e as novas cubertas, de fibrocemento sen amianto de cor tella, no caso dos vestiarios e de lousa no caso do muíño. Colocarase un falso teito de lamas de madeira nos vestiarios. Tamén se porá un punto de luz no muíño, liña eléctrica soterrada e unha porta de aceiro inoxidable.

05 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.