Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A vila amesá consolidouse ao longo da historia como un punto estratéxico dentro desta variante peregrina debido a súa localización//As características orográficas cas que conta fan deste núcleo urbano un lugar único e privilexiado TEXTO Pedro Brea

O Milladoiro: cidade clave na historia do Camiño Portugués

Galicia sempre estivo considerada como unha terra de lendas. Un lugar onde as meigas, os sapos e as curuxas vagan dun lugar a outro dun xeito totalmente impune e onde os Biosbardos, os Nubeiros mais o Can de Urco fixeron que os galegos e galegas acuñasen esa expresión que hoxe en día só se aplica ás meigas, pero que no seu momento era aplicable a tódalas criaturas que copan a mitoloxía: Habelas hainas.

Por suposto, O Camiño de Santiago non queda exento deste tipo de mitos, xa que a maior parte dos topónimos das vilas polas que transcurre proceden de historias deste tipo. Un dos casos, por exemplo, é o de Lavacolla, lava colea, ou sexa, lava os testículos; este estaría relacionado coa tradición dos peregrinos de lavarse nesa localidade e o seu río do mesmo nome, estando xa preto da vila de Santiago de Compostela.

Camiño portugués. Na historia do Camiño existen unha gran cantidade de variantes e rutas alternativas, pero quizais unha das máis realizadas xunto coa francesa é a portuguesa. Esta última data do século XIII, época na que Portugal se independizou do Reino de Castela e León. Foi neste momento cando o cartógrafo Al-Idrisi señalou a existencia de dúas vías, unha marítima e outra terrestre, que xa unían Coimbra e Compostela. Pese a isto, non foi ata o ano 1325, trala peregrinación a Santiago de Isabel de Portugal, a Rainha Santa, no século XIV. Esto sabémolo porque se conserva un testemuño privilexiado da peregrinación de Isabel de Portugal: o bordón con remate en forma de tau que lle regalou a igrexa de Compostela, atopado no seu sepulcro de Santa Clara a Velha en Coimbra.

No itinerario desta peregrinación existe unha vila que ao longo do tempo foi quen de axeonllar tanto a reis, como a arzobispos ou artesáns. Esta atópase a tan só 8 km do Obradoiro e dende ela é a primeira vez que os camiñantes poden contemplar as torres da Catedral.

O Milladoiro. Esta cidade, que anteriormente non era máis cunha pequena aldea, conta cunha singularidade que fixo dela un lugar de relevancia histórica, xa que debido a súa orografía permitía que os peregrinos visualizaran a cidade de Compostela por primeira vez.

No que respecta ao topónimo, este vén dado de o humilladoiro, porque era o lugar onde os camiñantes se humillaban, axeonllándose, ante a Catedral mailo Apóstol Santiago.

Outra teoría advirte sobre a posibilidade de que O Milladoiro sexa unha deformación de o miradoiro. Polo seu relieve a vila conta cun alto desde o cal se pode divisar o templo e gran parte da cidade. De aí a posible designación de miradoiro.

Na actualidade, este municipio continúa a ser unha peza fundamental no trazado do Camiño Portugués, xa que O Milladoiro ten preto de 14.000 mil habitantes e é o último núcleo urbano que conta coa totalidade servicios necesarios antes de chegar a Compostela. Ademais, a vila ten dúas igrexas: unha delas adicadas a Santa María Magdalena e outra a San José, dunha creación moito máis recente.

pandemia. Debido a situación derivada pola COVID 19, a peregrinación cara Compostela viuse paralizada preto dun ano, e agora no 2021, ano santo, estase comezando a reactivar dentro das posibilidades que a crise pandémica permite. Un claro exemplo do baixón de peregrinos vese reflexado no número de Compostelas que se selan cada día. A cifra destas no 2019, último ano prepandemia, rondaba unhas 2.000 ao día, mentres que agora apenas se chega a metade delas.

No referente ao Milladoiro, este descenso pódese ver claramente na capacidade do albergue da vila. Unha hospedaría que conta con capacidade para 61 persoas e que a pleno funcionamento aloxaba a preto de 1000 peregrinos nos meses de verán, mentres que agora tan só recibiu a 144 e 166 nos meses de xuño e xullo respectivamente. Ademais e como curiosidade, a nacionalidade dos peregrinos cambiou considerablemente. Nos tempos de antaño o primeiro posto era copado polos asiáticos, pero agora e coa situación existente este lugar ocupano os alemáns, concretamente as mulleres, seguidos de cerca polos chechos e os españois, todos primeirizos.

Así pois e pese ao paso do tempo, O Milladoiro segue sendo un punto clave dentro da peregrinación cara Santiago na vertiente portuguesa. Grazas ás lendas e mitos, o Camiño rebosa maxia e Galicia tamén, por iso quen vén unha vez, volta dúas.

26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.