Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Milladoiro e Bertamiráns únense para as festas

AMES. Os dous núcleos principais de Ames, O Milladoiro e Bertamiráns, celebran por primeira vez neste 2022 as súas festas da Madalena e da Peregrina de xeito conxunto, nunha programación de once días dende o xoves 4 ao domingo 14 de agosto. Ames en Festas é o nome deste cartel, no que colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e a Xuntanza de Empresarios de Ames. Durante a presentación do evento as edís Natividade González e Ana Belén Paz quixeron agradecer ao alcalde a idea de xuntar as dúas festas algo no que, dixo, xa insistía como concelleiro. Por parte das comisións loubaron que o goberno local se puxese en contacto con eles para organizar un evento conxunto xa en maio. O presidente de XEA, Jorge López, quixo amosar o seu agradecemento aos veciños que están a mercar as rifas e anímaos a seguir colaborando. O alcalde, Blas García, dixo que este cambio veu motivado por dúas razóns: “a primeira, por vertebrar o concello e rachar esa típica discusión e debate sobre Bertamiráns e O Milladoiro. E a outra razón é porque pensamos que un concello coa entidade de Ames, con 32.000 habitantes, necesita tamén unhas festas de calidade”. O evento comeza o xoves 4, xornada na que a concellaría de Deportes instalará uns inchables acuáticos na zona da piscina descuberta do Milladoiro. O primeiro día de festas concluirá coa actuación de Ángel América. O venres 5 o protagonismo será do festival Millarock, que chega á súa décimo primeira edición. O 6 haberá pasarrúas, a semifinal de Canta con Ames e música coa orquestra Xacobeo e a disco móbil Fabrik. O 7 está previsto de novo pasarrúas, sesión vermú, concerto de MJ Pérez e verbena da man de orquestra La Hora Bruja e o grupo Claxxon. O festexo continuará o luns 8 con máis música e rematan o 9 coa actuación da orquestra Furia Joven. As festas da peregina de Bertamiráns arrancan ese mesmo día 9 coa actuación para o público infantil e familiar de Marifaltri e rematan o 14 co grupo Estudio e a disco móbil Impacto pechando a cita a partir das 23.00 no campo da festa da Peregrina. C.E.

27 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.