Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 05 julio 2022
02:39
h

O monstro Vákner regresa ao Camiño de Fisterra a Muxía

Presentarase ós peregrinos en forma de escultura o día 28 de maio no Marco do Couto, en Dumbría

    Cargando reproductor ...

Seis séculos despois, e como na película de José Antonio Bayona, un monstro virá a vernos. O Vákner reencontrarase cos peregrinos do Camiño a Fisterra e Muxía o día 28 maio no Marco do Couto, en Dumbría, onde se inaugurará un gran escultura deste mítico persoaxe. Unha iniciativa enmarcada nun proxecto, tan singular como ambicioso, que pretende implicar a toda a zona de influencia do Camiño ao finisterrae para converterse nun dos seus atractivos.

A pandemia prolongou máis do previsto o retorno da besta ás terras nas que foi avistada por Mártiros, un bispo Armenio case ao mesmo tempo que Colón avistaba América e lle arrebataba así a Fisterra a condición de fin de mundo. Xusto aí, ao fin da terra coñecida ata entón, se dirixía o bispo cando se cruzou co Vákner, saíndo milagrosamente vivo para asombro das xentes do lugar, pois ninguén o conseguira ata entón. A testemuña que deixou escrita o peregrino é a que hoxe permite a recuperación dunha figura lendaria. Mentres que para a moitos sería un lobishome, hai quen non descarta que fose dragón, segundo se apuntou nun simposio celebrado en Dumbría no ano 2019.

Despois de semanas de traballo, o Concello dumbriés, xunto ao resto de municipios do Camiño a Muxía e Fisterra, asociacións, o grupo Luar Na Lubre e responsables da Deputación de A Coruña, oficializará o luns a conta atrás para o retorno do Vákner.

O lobishome volverá en forma de grandiosa escultura ao mesmo lugar no que se cruzou co peregrino armenio no século XV, pero agora ficará alí xa para sempre, ao pe do Camiño a Muxía e Fisterra.

A inauguración desta escultura será so unha das patas do renacer post-pandémico do proxecto Territorio Vákner, que terá como prato forte o concerto de Luar Na Lubre e amigos, o mesmo día, o 28 de maio. Xa están confirmadas as actuacións de Víctor Manuel e Ismael Serrano, a artista local Alexandra Suárez e os Gaiteiros de Buxantes, pero aínda queda algunha sorpresa.

Esta ambiciosa iniciativa cultural “é unha aposta de territorio, de valorización do patrimonio inmaterial e de aproveitamento turístico, buscando a implicación de toda a zona de influencia do Camiño a Fisterra e a Muxía e do maior número posible de administracións”, afirman.

01 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.