Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O ‘monumento vexetal’ máis valioso de Galicia é a camelia Pantalóns de Lens: 1,6 millóns

Así o lembra o catedrático Antonio Rigueiro nas Xornadas Asorey // Supera os doce metros de alto, e data do século XVIII ou XIX

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, están a celebrar as XXXIII Xornadas Luis Asorey, centradas no capital natural e os servizos ecosistémicos como nova base da economía, a través dunha serie de charlas gratuítas. E, entre elas, destaca a que pronunciará este mércores Antonio Rigueiro sobre árbores senlleiras, na que divulgará que a magnolia amesá Pantalóns pasa por ser o exemplar máis valioso de Galicia: 1.608.229 euros.

As xornadas, que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19.00 a 21.00 horas, foron recoñecidas pola Consellería de Cultura como actividade de formación do profesorado non universitario, e chegan ao seu fin este mércores ca conferencia Árbores senlleiras de Galicia: un patrimonio natural valioso. Impartiraa Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático emérito da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, presidente da Asociación Forestal de Galicia, académico numerario da RAGC e coordinador do ciclo.

A catalogación económica de árbores e arbustos pode empregarse para calcular a repercusión de catástrofes naturais, para fixar indemnizacións por accidentes de tráfico ou vandalismo, entre outros. E no transcurso desta xornada, o catedrático explicará que Galicia conta desde o ano 2007 “cun catálogo oficial de árbores e formacións sobresaíntes e insubstituíbles, que representan un patrimonio natural e cultural importante e valioso que cómpre protexer e poñelo en valor” , e que suma 144 árbores e 38 formacións ornamentais ou grupos de árbores

NORMA. Na súa intervención analizará a evolución histórica da catalogación do arboredo singular galego, destacando algúns monumentos vexetais de especial significación e exporá a valoración económica dos exemplares relevantes ca Norma Granada (método de valoración de arboredo monumental máis empregado en España e o de maior difusión internacional en castelán).

Entre os exemplares máis senlleiros da comunidade, o experto cita como exemplo o castiñeiro de Pumbariños, situado en Manzaneda (Ourense), cun dos troncos de maior diámetro de Galicia (12,15 metros); o souto de Catasós, en Lalín (Pontevedra), no que medran os castiñeiros de mellor porte forestal de Europa ou un dos eucaliptos máis altos: o do Souto da Retorta de Chavín, de Viveiro (con 61,78 metros de altura) e, despois da camelia Pantalóns, síguelle o castiñeiro de Soutogrande, valorado en 758.957 euros.

O tronco do exemplar amesán (un dos meirandes de Galicia) ten na súa base un perímetro de 3,40 metros, e bifúrcase rapidamente en dous brazos que superan os 1.70 metros de contorno. O exemplar alcanza unha altura de 12,30 metros, e foi plantado no século XVIII ou XIX.

22 nov 2022 / 22:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.