Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O mosteiro de Carboeiro tivo 16.000 visitas o ano pasado

Durante os meses de xullo, agosto e setembro rexistráronse cifras récord // A covid o pechou uns días entre xaneiro e febreiro

O mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro rexistrou ao longo de todo o ano 2021 un total de 15.914 visitas, confirmándose como un dos monumentos e entornos máis visitados da comarca e do interior de Galicia. O pasado ano, a diferencia de 2020 cando a pandemia obrigou a pechar durante varios meses o cenobio, estivo cerrado só durante varias semanas entre xaneiro e febreiro, tamén debido ás restricións.

No cómputo mensual cómpre destacar que os meses de xullo, agosto e setembro batiron récords de visitas en 2021, con cifras nunca antes acadadas. Así en xullo foron 2.398 as persoas que entraron no mosteiro; en agosto 4.184 e en setembro 1.705. Outubro foi tamén un mes destacado con 1.579 entradas, seguido de abril con 1.251; marzo, con 1.158; maio, con 1.105 e xuño, con 1.182 visitas. En novembro tamén acadaron boas cifras, con 805 visitantes ás que se suman outros 334 en decembro. Os meses máis frouxos foron xaneiro, con 69 e febreiro con 134, distando moito das cifras habituais dos últimos anos.

Segundo o balance, o aumento respecto a 2020 é considerable, se se ten en conta que nesa anualidade o mosteiro permaneceu pechado durante o confinamento, entre os mes de marzo e xuño. Daquela foron 9.748 visitas, casi todas durante o verán.

Así mesmo, durante o pasado ano, Carboeiro volveu acoller rodaxes e actividades culturais, como a da serie Un asunto privado, que se emitirá en Amazon, varios clips e recitais no marco de distintos programas culturais como Monumenta, Música no Ar ou o curso Tamara Brooks.

Carboeiro, unha das xoias do románico oxival galego, e tamén o seu entorno, ao pé do río Deza, é visitado cada ano por milleiros de persoas de distintas nacionalidades. Este espazo histórico e cultural é, xunto coa Fervenza do Toxa, coa que comparte o sendeiro do Deza, o gran referente turístico do municipio.

07 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.