Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Co programa, o Concello levou a maxia destas festas ás parroquias de Herbón, Pazos, Iria, A Escravitude, Extramundi, Carcacía e Ponte TEXTO María Rendueles

O Nadal Rula de Padrón atraeu a un centenar de nenos e nenas

Máis dun cento de nenos e nenas participaron nas sete xornadas do Nadal Rula organizado polo Concello de Padrón nestas últimas vacacións para levar a maxia destas datas a todo o municipio e facer partícipe á veciñanza do rural. Así o deron a coñecer as concelleiras de Cultura, Lorena Couso, e de Festexos e Participación Cidadá, Carmina Bustelo tras a reunión que ambas mantiveron coa empresa responsable do seu desenvolvemento. Tanto Couso como Bustelo coincidiron en destacar o éxito da iniciativa, “non só pola participación acadada, senón tamén porque o formato e o contacontos da Rula gustaron moito”, indicaron ambas concelleiras.

O Nadal Rula desenvolveuse entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en sete xornadas distintas, cada unha delas nunha parroquia (A Escravitude, Pazos, Iria, Extramundi, Carcacía, Herbón e A Ponte). O programa contou con obradoiros artísticos, talleres de cociña, xogos e/ou contacontos, ademais do da Rula. O obxectivo fundamental pasaba por facer partícipe e á veciñanza do rural e que tanto maiores coma pequenos puidesen gozar e compartir xuntos xogos, contos, aventuras e talleres coa axuda da Rula.

Ademais do público infantil, o Nadal Rula contabilizou a participación de dezanove persoas adultas que se implicaron en todas as actividades, familias completas e incluso asistiron avós e/ou avoas cos netos e netas. “O obxectivo inicial cumpriuse”, indicou Lorena Couso, “o Nadal rulou moito por Padrón porque as rapazas e os rapaces movéronse polas distintas aldeas para participar nos talleres e actividades previstas no programa”, dixo.

Como dato salientable, as concelleiras de Cultura e de Festexos e Participación Cidadá manifestaron que unha gran parte do centenar de nenas e nenos que participaron ao longo do programa repetiron ata en catro actividades diferentes.

14 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.