Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O obradoiro de Corcubión, Cee e Dumbría formará a expertos en turismo e ioga

Permitirá a vinte desempregados buscar un futuro // Gonzalo Trenor, delegado da Xunta na Coruña, aplaude a colaboración

O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, participou onte na inauguración do novo obradoiro de emprego de Dumbría, compartido con Cee e Corcubión, no que se formarán 20 alumnos en dúas especialidades adaptadas ás empresas da contorna: promoción turística e información aos visitantes e instrucción en ioga, cun investimento de superior aos 346.000 euros.

Trenor puxo en valor esta formación porque “non sería posible sen a estreita colaboración entre concellos e Xunta. A administración autonómica é a que aporta o financiamento e os concellos a organización”. E recalcou: “É o mellor exemplo do éxito cando existe unha boa colaboración”. Ademáis, lembrou que os obradoiros están dirixidos a realizar obras ou prestar servizos que, xunto coa profesional, favoreza a posterior inserción no mercado laboral.

Só na comarca Bergantiños-Costa da Morte levaranse a cabo cinco talleres ordinarios duais, nos que a Consellería de Emprego e Igualdade destinou 1,7 millóns de euros. Os talleres de formación duais serán o de Camariñas, Camariñas, compartido con Muxía e Vimianzo; o de Carballo, o de Cerceda, con Tordoia e Trazo, e o de Dumbría, compartido con Cee e Corcubión e o da Laracha.

Os obradoiros permitirán que cen persoas se formen nun oficio, cunha duración xeral de nove meses, e os participantes recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

Gonzalo Trenor destacou que “os talleres de emprego permiten dotar a nosa poboación activa de formación de calidade ao tempo que desenvolver un traballo produtivo de utilidade pública ou interese social, coa posibilidade de acreditalo a través dos certificados de profesionalidade”.

Este ano, a Xunta de Galicia reforzou a súa convocatoria de obradoiros cun maior orzamento, o que permitirá desenvolver 33 actuacións na provincia da Coruña entre obradoiros duais e de garantía xuveníl cun investimento de 11,3 millóns de euros.

As persoas desempregadas que participan nestes programas poderán acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e un contrato de traballo. Unha vez rematen os obradoiros, terán oportunidade de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses e cun contrato a xornada completa. Para logralo, a Xunta de Galicia concederá incentivos á contratación.

Con esta ferramenta búscase incidir na inserción no mercado laboral de persoas en situación de especial dificultade, como emigrantes retornados, mulleres, vítimas de violencia de xénero, persoas que esgotaran as prestacións e subsidios por desemprego, parados de longa duración, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos ou traballadoras que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior.

23 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.