Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O obradoiro Ulla-Umia formou en carpintería e forestais a vinte parados

Foi clausurado onte pola directora xeral de Formación, que destacou que é o mellor instrumento para a inserción

A directora xeral de Formación e Colocación da Consellería de Emprego da Xunta, Zeltia Lado, asistiu onte no Auditorio Municipal de Valga á clausura do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia V, promovido conxuntamente polos concellos de Valga e Moraña e que se desenvolveu durante os últimos nove meses coas especialidades de carpintería e forestais.

No acto participaron, tamén, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez, así coma o rexedor de Moraña, José Cela. Acompañáronos o director do obradoiro, Javier Saso, e o resto do equipo directivo e docente, ademais dos aprendices.

Cabe destacar que inicialmente, segundo explicaron, foron seleccionadas para este proxecto vinte persoas desempregadas, das que dezaseis completaron a formación e recibiron o certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado.

CUALIFICACIÓN A formación teórico-práctica recibida permitiu ao alumnado participante mellorar a súa cualificación profesional de cara á inserción no mercado laboral nun momento no que “escasea a man de obra e as empresas demandan profesionais”, destacaron os alcaldes. “É unha grande oportunidade e nas vosas mans está facer o último esforzo para conseguir un traballo”, dixéronlles aos aprendices.

Bello Maneiro agradeceu á Consellería de Emprego a súa aportación de case 347.000 euros para financiar o obradoiro. “Sen ela sería inviable que os concellos sacaramos adiante este proxecto”, remarcou.

Pola súa banda, a Zeltia Lado salientou que os obradoiros de emprego que se organizan son “un dos mellores instrumentos para a mellora da empregabilidade” e lembrou que os concellos tamén obteñen beneficio destas accións xa que os aprendices executaron obras en espazos e instalacións públicas que “van a repercutir na calidade de vida dos veciños”.

No caso do municipio de Valga, os alumnos de carpintería instalaron unha nova varanda de madeira en todo o perímetro da lagoa Mina Mercedes e repuxeron tamén parte das varandas da praia fluvial de Vilarello.

O módulo de forestais , polasúa banda, traballou no acondicionamento e limpeza de espazos verdes e áreas de lecer do municipio coma a praia de Vilarello, a Mina Mercedes ou o Parque Irmáns Dios Mosquera, entre outros.

30 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.