Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Erin, Yung Beef e Dollar son algúns dos artistas que actuarán no festival que se celebrará na localidade // BTA e LE33 van disputar a batalla de galos

O Rompetiño fará vibrar O Son no mes de xullo

O Rompetiño Jump confirma o seu cartaz completo para o primeiro fin de semana de xullo en Porto do Son, cun elenco de artistas de primeiro nivel e gran presenza de galegos.

Coa confirmación de Erin e da batalla de galos (na que participarán BTA , LE33 e dous clasificados da batalla previa que se celebrará en Santiago), o festival ofrecerá unha espectacular programación musical encabezada por músicos consolidados como Yung Beef, Sticky M.A., Hard Gz Costa ou Dollar Selmouni, pero que tamén incluirá ás aparicións máis frescas dentro do panorama urbano nacional, como poden ser Gloosito, Il Pekeño & Ergo Pro, Sofía Gabanna ou o boirense Astray. Destaca tamén na programación a aposta pola música electrónica con artistas da talla de Steve Lean, Barbara Lago, Lowlight ou o trío de djs residentes Kike Varela, Santorino e o sonense Martín Perez.

Outra novidade desta edición será que o sábado 2 de xullo, dentro da Music Zone do festival, celebrarase a festa Overdose Club con Kaixo, e Dirty Suc como artista invitado.

A organización vén de anunciar que o 1 de maio sairán á venda as entradas dun día que, de tal xeito que como os bonos de dúas xornadas, poderán mercarse con ou sen camping. Os interesados poderán adquirilas na páxina web woutick.es.

Resaltar que o festival sonense conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xenera encontros en torno ao directo, e de Rompiente Clothing que, na súa aposta polo talento xoven, respalda ao Rompetiño Jump como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable.

24 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.