Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 05 diciembre 2022
02:05
h
O festival preparou unha serie de medidas e protocolos // O público estará sentado en dúas áreas, haberá pantallas xigantes, zonas burbulla e servizos de restauración // A cita musical e urbana celébrase este venres e sábado en O Son TEXTO Pedro Brea

O Rompetiño vai demostrar que a cultura pode ser segura

A escasas horas de que a edición do ano 2021 do Rompetiño Jump teña lugar na vila sonense, a organización do mesmo atópase a ultimar tódolos preparativos e detalles de última hora para facer que se poida celebrar o evento coa máxima normalidade posible, sempre recordando o marco pandémico no que nos atopamos inmersos dende fai máis dun ano para, deste xeito, demostrar que a cultura se pode levar a cabo e que é máis que segura. Así pois, dende a dirección do festival pídenlle aos asistentes que sexan respectuosos con tódalas medidas que foron impostas, que se explicarán a continuación, para que os esforzos feitos ao longo de todo o ano non se vexan afectados nin danados.

protocolo. Dende a organización faráselle chegar a tódalas persoas que conten con entrada un vídeo de carácter informativo onde se explica con todo luxo de detalles a normativa vixente e tódalas medidas, a maiores dos servizos, que se levarán a cabo e haberá no festival. Así pois, dende a organización informan de que tódolos asistentes que non puidesen acudir á taquilla este xoves 2 de setembro, esta estará dispoñible este venres dende as 10.30 horas a peche, mentres que o sábado abrirá de 15.00 a peche. Ademais, e como é lóxico, pídese que non se acuda no caso de ter unha sintomatoloxía compatible coa da COVID. De volta á referencia á billeteira, ao validar cada entrada recibirase unha pulseira cashless, a cal será o único medio de pago válido dentro do recinto, coa finalidade de maximizar a seguridade nas transacións.

Doutra banda, dentro do recinto do festival existirán dúas zonas burbulla: a zona mare e maila zona spiritus. Ambas contan con entradas e saídas independentes e a de cada persoa será asignada nas taquillas.

recinto. Por mor das medidas pandémicas, o Rompetiño este ano non será de pe, e a xente será colocada por estrita orde de chegada, aínda que poderan levantarse e acudir á zona de restauración e consumir alí ou no teu propio sitio. Así, a xente que vaia chegando será dirixida tralo paso pola billeteira a súa zona de concerto: a spiritus ou a mare. Cabe destacar que ambas contan cunha serie de infrastruturas para facilitar o desfrute do festival. Así, as áreas nas que se atopará o público terán dúas pantallas xigantes para que calquer persoa, estea onde estea, poida gozar do festival e os seus concertos. Ademais, nelas haberá zonas de restauración independentes con comida e bebida máis unha zona de aseos.

A entrada e saída do festival farase de maneira escalonada e será controlada polo persoal da organización.

Doutra banda o festival está apoiado por dous patrocinados primordiais para a realización do mesmo: Mahou e Rompiente Clothing. Dentro da primeira trátase de Vibra Mahou, que deste xeito reforza así a súa aposta por acercar ás persoas a través da música e reivindicar os encontros sociais dun xeito seguro como algo esencial para poder vivir moito mellor. Mentres que a segunda, Rompiente Clothing, a marca de roupa oficial do festival, aposta polo talento mozo e apóiao como plataforma de lanzamento artístico sobre un marco e un escenario inigualable, como é o do Rompetiño.

A cultura é segura, e iso é algo que o festival sonense vai deixar patente e escrito a lume na conciencia da xente. Os protocolos deseñados e o persoal de seguridade da organización, sumado ao bo facer do público farán que o Rompetiño 2021 se celebre con total normalidade dentro do marco pandémico ao que estamos adscritos dende fai un ano.

03 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.