Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

e estrea nova sinalización

O sendeiro circular, de 17 quilómetros, percorre os lugares dos protagonistas da novela de Anxo Angueira, Premio Xerais 1999

A área de Turismo da Deputación da Coruña, que xestiona o vicepresidente Xosé Regueira, financiou a renovación da sinalización da ruta
literaria Pensa Nao que, realizada por Árbore Arqueoloxía e Restauración S. Coop. Galega, percorre os lugares dos protagonistas do libro, Premio Xerais de Novela en 1999, de Anxo Angueira.

En Pensa Nao Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa.

Pensa Nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista.

Esta ruta, igual que a novela, percorre os principais xacementos arqueolóxicos de Dodro, os petróglifos de A Devesa, de Bouza Badín que foi posto en valor fai pouco pola Deputación da Coruña, o Castro de Bexo que está incluído no Parque Arqueolóxico da Idade do Ferro que promove tamén a Deputación da Coruña, así como diversos sitios destacados na novela e os últimos lugares que deixaron os protagonistas María e Amaro.

PERCORRIDO. Segundo describen no tríptico editado polo Concello de Dodo, a ruta empeza no Souto de Manselle, o Sernanselle da novela, onde se atopan a Casa de Camoiras o Souto e o cruceiro. Pasa a ruta por soutos de castiñeiros, carballeiras, camiños centenarios e miradoiros onde se pode apreciar todo o val do Ulla e onde os protagonistas da novela teñen os seus encontros...

Despois, percorrese o sendeiro pasando polos petróglifos de A Devesa, de Bouza Badín, onde Amaro fai os calcos, pero tamén polo Castro de Bexo que a novela describe como o “Castro de Mouras”. Remata a viaxe de Amaro, na novela Pensa Nao, embarcando nas Brañas De Laíño e María vendo ir o seu amor polo río ..., relata Angueira.

Pero o camiño segue ata volver á aldea de Manselle, “Sernanselle” na novela, pasando polos Hórreos da Lavandeira, a aldea de Castro co seu monumental Hórreo do Arco restaurado recentemente polo Concello de Dodro, e así rematar os 17 quilómetros desta ruta circular que percorre as parroquias de San Xián e San Xoán de Laíño.

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.