Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A estacada do porto acolle a primeira mostra // Catro cubos que mesturan textos, fotografías e planos amosan os sinais de identidade da vila sonense

O Son bota a vista atrás e loce os símbolos da súa beiramar

Paisaxes e símbolos da nosa beiramar é o título da exposición que desde fai unhas semanas alberga a estacada do bordo portuario de Porto do Son, un lugar de encontro e lecer. Composta por catro cubos e un total de dezaseis paneis, a finalidade da iniciativa non é outra que compartir co público en xeral unha serie de elementos identificadores das paisaxes económica e humana deste espazo en tempos pasados.

A mostra, que inclúe textos, fotografías, planos e mapas de distintos arquivos, especialmente da colección dixital do Museo Marea que se nutre das doazóns dos sonenses, é multifocal. Trata do mundo do traballo, representado nas atadoras, nos carpinteiros de ribeira, nas fábricas de salgadura e na conserveirade Pérez Lafuente. E un dos apartados tamén aborda a devoción e o lecer (a procesión e as regatas do día do Carme ou o salón Miramar).

“A mostra tamén ilustra sobre a orixe e a transformación das nosas infraestruturas portuarias, con especial atención á vella dársena, A Comboa, cuxa silueta forma parte do escudo municipal”, dixo o director do Marea, José Manuel Vázquez, quen comentou que nesta exposición “non podía faltar, e non falta, un relato sobre as estruturas en madeira (as estacadas e os seus parentes pobres, as varas) nas que se secaron redes e peixes. Foron sinais de identidade da nosa beiramar”, engadiu.

02 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.