Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 18 agosto 2022
18:43
h

O Son, cun orzamento de 10,2 millóns, sobe os investimentos un 60 %

Destacan os proxectos de humanización de rueiros en Nebra e de saneamento en Goiáns

O Son. A Corporación de Porto do Son aprobou este venres (cos votos a favor do PP e a abstención de PSOE e BNG) os orzamentos municipais para este ano, equilibrados en ingresos e gastos e por un importe de 10.213.573 €, o que supón un incremento do 15 % con respecto ó ultimo aprobado en 2021 (de 1.302.981 €).

Este aumento débese fundamentalmente a que haberá máis transferencias de capital doutras administracións, que practicamente se duplicarán neste exercicio, alcanzando os 2.234.381 euros.

Non se contempla ningunha modificación de ordenanzas fiscais que supoñan incremento de impostos e taxas.

En canto ó gasto social, que xa se subira un 40 % en 2021, volve elevarse un 10 %, ata 1.024.299 €. Respecto ós investimentos, superan os 3,5 millóns (un 35 % do orzamento, o que supón un 60 % máis que no exercicio anterior).

Destacan o proxecto de eficiencia enerxética do alumeado público (562.936 €); a reforma e ampliación da zona de xogos infantís no parque de Porto do Son (339.584 €); o acondicionamento de pistas municipais (300.000 €); a humanizacion dos rueiros de Nebra (201.036 €); a mellora do borde da praia de Porto do Son (229.889 €); ou o saneamento en Mantoño-Goiáns (193.328 €). suso souto

16 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.