Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Son e Ribeira activaron seu obradoiro de emprego para formar a vinte veciños

Permitiralles traballar nas especialidades de pintura industrial e conservación de montes // Terá unha duración de nove meses

Un total de vinte veciños de Ribeira e Porto do Son (dez homes e dez mulleres) principiaron este venres a súa andadura no obradoiro de emprego Tahume VII compartido entre ambos municipios. Nesta ocasión, as especialidades formativas son pintura industrial en construción e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, con dez alumnos en cada unha delas.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o segundo tenente de alcalde de Ribeira, Emilio Pérez, foron os encargados de presentar na casa de cultura da parroquia sonense de Xuño esta iniciativa que está cofinanciada pola Xunta de Galicia e que ten un carácter dual, configurándose como un programa mixto de formación e emprego cunha duración de nove meses.

Ademais, os labores desenvolvidos por estes vinte alumnos-traballadores repercutirán positivamente nos dous concellos. Así, no que se refire á capital da Barbanza está previsto desenvolver traballos que redunden na conservación e mellora do monte de San Alberte e, por outra parte, o alumnado de pintura industrial efectuará entre outras accións o pintado da fachada do colexio de Artes, o pintado do aparcamento do complexo deportivo da Fieiteira e a impermeabilización e pintado dunha praza na avenida da Coruña.

No que respecta ao municipio sonense, entre outras accións prevese o pintado das fachadas do edificio de usos múltiples, o viveiro de empresas, o cemiterio municipal de Porto do Son ou o centro de saúde de Portosín, así como a mellora de masa arbórea en Miñortos, Goiáns, Baroña, Castro, Madalena e o lugar da Ponte Medieval.

Tamén se contratou para o obradoiro un equipo docente formado por unha directora, 2 mestres, unha titora e unha auxiliar administrativo.

23 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.