Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obras en Cabana para ampliar un 150 % o seu centro de día

Gaña en accesibilidade con ascensores e ramplas // Pasará dos 25 usuarios actuais a 40, pero poderá atender a sesenta se fose preciso

Nos tempos que corren son moitos os concellos galegos que teñen necesidades para atender, sobre todo maiores e discapacitados. Contar cun centro de día é, nalgúns casos, todo un luxo por achegar este servizo a xente que precisa de coidados especiais.

O Concello de Cabana de Bergantiños é un dos privilexiados. Xa ten centro de día, pero acaba de licitar o proxecto de ampliación convertendo en realidade unha das intervencións de máis calado da lexislatura.

O orzamento destinado a esta importante actuación ascende a 304.394 euros e o prazo de execución das obras será de seis meses desde o comezo das mesmas.

A superficie total útil do novo edificio en nada se parecerá á actual xa que aumenta nun 150%, pasando dos 134,75 metros cadrados que ocupa nestes momentos a 335,1 metros cadrados un ha vez finalicen as obras.

O novo edificio contará cunha planta baixa, primeira e segunda que serán de uso cotián. As plantas con vivendas accesibles para usuarios de cadeira de rodas disporán de ascensor accesible ou rampla que permita que estén comunicadas coas plantas con entrada ao edificio.

Ademais de ser máis accesible, a nova estrutura estará dotada dun novo sistema que mellore a eficiencia enerxética, e dispoñrá de mecanismos que favorezan o aforro enerxético nun edificio totalmente reformado.

Unha vez rematadas as obras, poderán facer uso das instalacións ata corenta persoas, e terá capacidade para albergar ata sesenta nun futuro, si fose preciso. Actualmente son 25 os e as usuarias as que empregan este servizo.

O alcalde de Cabana de Bergantiños é consciente da importancia desta actuación. José Muiño non fai máis que ratificar a relevancia desta intervención “non só para a veciñanza do noso municipio, senón para toda a comarca, á que damos cobertura”, sinala, e engade, consciente do servicio que se presta nesta instalación, que “era unha prioridade para nós a ampliación do centro de día e con este proxecto comezamos a que será unha das intervencións de máis envergadura de todo o mandato”, argumenta o rexedor de Cabana.

08 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.