Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Oito boirenses póñenlle cara á campaña promocional da ABE

Son os protagonistas de pancartas e monolitos // En setembro farase outra con clientes // Rianxo reparte bonos de 10 e 15 €

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) lanza unha nova campaña de promoción empresarial na que os seus socios e socias son os protagonistas. Baixo o lema Eu consumo local, Eu son Boiro, durante dous meses os rostros de oito socios que representan a diversos sectores van estar moi presentes na vida diaria dos veciños, pois figuran nas cincuenta pancartas, dous monolitos de 2,5 metros e un mupi colocados polas rúas.

Trátase de Begoña (representa ó comercio), Juan José (hostalería), Carlos (praza de abastos), Óscar (transporte), Tamara (servizos), Nuria (construción), Rosa (hostalería) e Silvia (comercio).

Ademais, cada semana farase unha publicación en redes e web cas fotos e en maio lanzarase un vídeo protagonizado por esas oito persoas.

Esta é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade en setembro co lanzamento dunha segunda campaña protagonizada nesa ocasión por clientes.

Pola súa banda, o Concello de Rianxo pon a andar os Bonos Rianxo ca finalidade de incentivar o consumo nos negocios locais mediante a emisión de 500 lotes de bonos de 30 euros que se porán a disposición da veciñanza.

ata o trinta de xuño. Estes lotes de bonos estarán divididos en dous bonos de dez euros e outros dous de cinco euros. Os de dez poderán trocarse en compras iguais ou superiores a trinta euros, e os de cinco en compras iguais ou superiores a quince euros. O prazo para gastalos será o 30 de xuño.

Os bonos serán virtuais e poderán solicitarse a través dunha web que será habilitada a tal fin proximamente.

Reservaranse unha parte para poñelos a disposición, en formato físico, de persoas maiores e/ou con dificultades para acceder ós bonos virtuais. Para poder realizar a solicitude haberá que ser maior de idade, e cada persoa só poderá adquirir un único lote de bonos de trinta euros.

A convocatoria dos Bonos Rianxo foi publicada no BOP o mércores 20, e o xoves 21 abriuse o prazo para a adhesión de negocios participantes, que poderán ser establecementos locais que vendan produtos ou ofrezan servizos. Ese prazo é de 15 días hábiles.

22 abr 2022 / 17:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.