Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Teñen pechada levar a exposición á Illa de Arousa // Están en conversas cos concellos de Cambados e Ribeira // O seu vínculo foi un curso de Fuco Reyes

Oito fotógrafos na mostra ‘Paso a paso’ de Valga

Co cambio de mes, o Auditorio de Valga muda de exposición e recibe a mostra colectiva Paso a paso, que conta con aportación de oito fotógrafos: Ramiro González, Adonis Ríos, Esmeralda López, Ana Rozas, Ánxela Taboada, Maria Pino, Maite Miñambres e Josefina Gancedo.

Todos eles se dedican á fotografía, aínda que non a nivel comercial. Proceden de diversas localidades do conxunto galego, tendo o seu nexo de unión Santiago de Compostela, onde coincidiron nun curso co profesor Fuco Reyes, que é o comisario da mostra. “Neste curso cada un de nós tivemos que facer un proxecto persoal, que nos saíra de dentro pero, ao mesmo tempo, que chegara ao espectador porque, loxicamente, as fotos hai que amosalas non se gardan nun caixón”, relata un Ramiro González, un dos oito participantes.

Precisamente os proxectos saídos dese curso son os que compoñen Paso a paso. Cada fotógrafo aportou tres instantáneas caracterizadas pola súa alta iconidade. Ramiro sinala que as fotografías “son realistas pero, ao mesmo tempo, místicas. Hai reportaxe, fotogramas, denuncia... e todas seguen un fío condutor que permiten que o espectador se meta dentro de cada imaxe e vexa ese mundo que intentamos crear”.

Con todo, Valga é só a primeira parada da exposición. “Foi a primeira sala que se comprometeu con nós e que nos deu a oportunidade, por iso decidimos que sería o primeiro lugar ao que levaríamos a mostra”. Xa teñen pechada, tamén, A Illa de Arousa e están en conversas cos concellos de Cambados e Ribeira. “A nosa ilusión sería rematar en Santiago, onde estudamos a maioría dos participantes”, conclúe o fotógrafo.

08 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.