Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
APOIO. As cifras van dos 5.000 do Endless Summer Party de Carballo ós 45.000
do certame internacional de teatro do mesmo concello // A Festa da Carballeira de Zas, o Rock and Rian de Rianxo ou o Rompetiño Jump terán 20.000 TEXTO S. S.

Oito grandes festivais da comarca reciben 167.590 € da Deputación

O departamento de Cultura da Deputación da Coruña, que xestiona o deputado Xurxo Couto, destinará finalmente a este exercicio 533.370,29 euros para subvencionar 31 festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por entidades sen fins de lucro de toda a provincia.

As axudas (en función do orzamento presentado e o coeficiente de apoio que responde a criterios obxectivos) van desde os 5.000 aos 45.000 euros. Esta achega súmase a outra de 549.993,17 euros, aínda provisional, coa que a Deputación coruñesa contribúe a financiar 24 festivais das mesmas características organizados polos concellos. Entre as trinta e unha entidades beneficiarias destas axudas están oito do ámbito de Área de Compostela, que se repartirán un total de 167.590 euros para financiar festivais que atraen cada ano a milleiros de persoas.

Así, a Asociación Telón y Aparte recibe 45.000 euros para a organización do XXXI Festival Outono de Teatro de Carballo (FIOT), en base a un orzamento a xustificar por un importe total de 139.968 euros.

A Asociación Cultural Festival Rock in Rian obterá 7.590 euros para a décimo quinta edición do festival do mesmo nome (cun orzamento total a xustificar de 12.650 euros).

Pola súa banda, a Real e Ilustre Confraría da Dorna de Ribeira percibirá 20.000 euros para financiar o XXVIII Festival Rock & Dorna (cun orzamento a xustificar de 46.490).

Para a XXXVII Festa da Carballeira de Zas, a Asociación Cultural Castromeda será beneficiaria de 20.000 euros (o total a xusfificar é de 48.250 euros), mentres que para o Festival de Carrilanas de Esteiro (Muros), a Asociación Cultural e Deportiva Esteirana de Carrilanas disporá de 30.000 euros (o total é de 57.948).

Tamén a A.C. Recreativa e Deportiva Praia do Castelo obterá da Deputación 20.000 euros para o festival Castelo Rock de Muros (cuxa contía a xustificar é de 41.631 euros).

A Asociación Distant Sounds contará con 5.000 euros para financiar o Endless Summer Party (o total a xustificar é de 7.147), que terá lugar na praia de Razo, en Carballo, os vindeiros días 10 e 11 de setembro.

Finalmente, a Asociación Rompetiño é beneficiaria dunha subvención por importe de 20.000 euros (dun total a xustificar de 92.250 euros) para o festival de arte urbana Rompetiño Jump que se celebra cada verán en Porto do Son.

Unha das entidades que solicitou estes apoios foi o Grupo de Baile e Música Tradicional Tahúme, de Porto do Son, para a celebración do seu festival internacional de verán. Sin embargo, foille denegada porque, de acordo coa base número cinco, están excluídas como entidades solicitantes as corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato, dado que para elas xa existe outro programa específico.

Por outra banda, hai algunhas entidades que non pertencen a dito ámbito territorial de Área de Compostela, pero que levan a cabo festivais itinerantes que tamén chegaron a concellos desa zona. É o caso da Asociación Morreu o Demo, cuxo festival de monicreques Titiriberia pasou por Rianxo. Este colectivo recibe 20.000 euros en base a un orzamento total a xustificar por importe de 28.571 euros.

a protagonista
Mover unha industria
Sara Sevilla Presidenta da Confraría da Dorna de Ribeira

A presidenta da Confraría da Dorna de Ribeira, Sara Sevilla, sinala que “calquera axuda económica é boa, sobre todo para actividades das características das que teñen lugar no marco da Festa da Dorna de Ribeira, que reciben a milleiros de persoas. E, sobre todo, son ben recibidas despois de estar dous anos sen recibir axudas por mor da pandemia”. “As aportacións das institucións públicas e das empresas axudan a manter vivas as festas”, engadiu.

29 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Zas
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.