Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Oroso renova os seus convenios de colaboración cos clubs deportivos

Con este compromiso o concello quere impulsar as actividades e fomentar os hábitos de vida saudables

O Concello de Oroso renovou estes últimos días os convenios de colaboración que mantén cos diferentes clubs deportivos do municipio para impulsar as súas actividades e fomentar os hábitos de vida saudables.

Coa renovación dos convenios, o concello dalle un marco formal ao uso e cesión das instalacións municipais, así como á colaboración entre concello e entidades deportivas á hora de organizar actividades, compartir recursos, publicidade e difusión entre as dúas partes de eventos de interese para a cidadanía.

“Teño que agradecer a colaboración constante dos clubs, cos que mantemos un contacto permanente xa que nos une un obxectivo común: que cada vez sexan máis os veciños e veciñas que practican deporte en Oroso”, asegura Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

“Estamos moi comprometidos desde hai anos, 1.500 persoas practican deporte a diario en Oroso de forma federada e outras moitas persoas pola súa conta, somos referente neste tema e queremos seguir por este camiño”, apunta pola sua parte o alcalde, Luis Rey Villaverde.

Tras o parón obrigado pola pandemia, esta tempada reanúdanse as competicións, “e esperemos que regresen tamén a Oroso as probas que xa son unha cita obrigada no calendario galego de deportes como o atletismo, o ciclismo, o tenis de mesa ou a patinaxe”, remata Leira.

18 oct 2021 / 14:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.