Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A súa axuda económica é indispensable para darlle continuidade ós servizos que prestan // Tamén impulsan iniciativas como o calendario e a andaina solidaria

Os concellos, un gran apoio para a entidade Misela

A Asociación Misela conta con dous centros situados en Noia, adicados á prestación de servizos tanto a nenos como a persoas adultas con discapacidade. Para levar a cabo a súa actividade, a entidade ten que facer fronte a numerosos custos tanto de mantemento de infraestruturas como gastos de enerxía e persoal, xa que conta con dezaseis profesionais tales como psicóloga, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional, educadora social, mestra e persoal coidador.

Deste xeito, a asociación ten que apoiarse na convocatoria de subvencións a diferentes organismos, tanto públicos como privados, así como tamén levar a cabo actividades de recadación a través da andaina solidaria celebrada o 9 de outubro, o calendario Misela que sairá á venda en breve ou a lotería de Nadal.

Segundo indicaron dende o citado colectivo, os concellos da zona apoian a prestación destes servizos a través de subvencións anuais, “indispensables para darlle continuidade”, subliñan. Así, o Concello de Noia, dende onde se reciben máis persoas usuarias, “cofinancia a prestación dos servizos xerais da entidade, ademais de cubrir os gastos xerais de mantemento das aulas do local que ten cedidas na rúa Frei Lois Rodríguez, onde se atenden a nenos con discapacidade”.

A axuda anual do Concello de Lousame destinouse en 2022 a mercar diferente material; Outes colabora para prestar servizos específicos a persoas usuarias que residen no seu municipio; e os de Muros e Porto do Son para cubrir parte dos custos do transporte diario para as persoas usuarias do seu propio territorio que acoden ao Centro de Día e Ocupacional Misela. Todo suma.

31 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.