Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 19 septiembre 2021
18:35
h
ARTE. Nuria Pena gañou o premio máis cuantioso, de cinco mil euros, do certame que convoca o Museo do Gravado de Ribeira // Manuel Lareo venceu na categoría Galicia-Pedras de Santiago // Concursaron 180 persoas de 19 países TEXTO Suso Souto

Os galardóns Atlante ‘viaxan’ á Coruña, Israel, Polonia e Canadá

A duodécima edición do concurso internacional de gravados Atlante que convoca o Museo do Gravado de Ribeira xa ten gañadores. Nesta ocasión recibíronse 215 obras de 180 participantes, procedentes de 19 países: Arxentina, Brasil, Bulgaria, Canadá, Cuba, España, Francia, Gran Bretaña, Gibraltar, India, Irlanda, Israel, Italia, Uruguai, México, Pakistán, Polonia, Romanía e Rusia. Os premios que se conceden suman a cuantía de 14.500 euros.

O galardón Ramiro Carregal Rey, dotado con 5.000 euros, foi para Nuria Pena, da Coruña, pola obra Devezo. O Galicia-Pedras de Santiago, de 2.000 euros, foi para Manuel Lareo, da Coruña, cunha peza sen título.

En canto ós tres premios Atlante dotados de 2.500 euros cada un, os vencedores foron Rajel Bronfman, de Israel, cunha peza sen título; Tomasz Winiarski, de Polonia, pola obra Faces 7; e Deborah Chapman, de Quebec (Canadá) por L’espoir s’élevè encore. Ademais, o xurado decidiu conceder mencións de honra ós finalistas Mirta Gendin, de Argentina; Vinicius Libardoni, de Italia; e Paco Casal e María Meijide Fraga, ambos da Coruña.

Foron seleccionados 41 traballos, que se exporán nunha das salas do museo xunto cos premiados.

O acto de entrega dos galardóns terá lugar o sábado 17 de setembro ás 13.00 horas no citado museo.

O xurado estivo formado por Alfonso Costa Beiro (pintor e gravador); Carmen Hermo Sánchez (doutora en Belas Artes e gravadora); Manuel Ayaso Dios (pintor e gravador); Isabel Pintado Palacio (pintora, gravadora e docente); Juan Monterroso Montero (decano da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago); José Manuel López Vázquez (catedrático da Facultade de Xeografía e Historia da USC); e José Daniel Buján Núñez (director da Biblioteca de Galicia).

No seu fallo quixeron recoñecer e valorar de xeito moi especial a participación dos artistas nesta nova edición a pesares de persisitir as circunstancias que estamos a vivir a consecuencia da pandemia do coronavirus. “É salientable o número de obras presentadas, así como a diversidade e internacionalización dos e das participantes”, sinalaron ao respecto na acta.

CALIDADE. En relación aos premios concedidos, o xurado decidiu otogar todos os premios destacando a calidade dos gañadores tanto técnica como conceptualmente, xa que abren novas vías de expresividade a través do gravado.

No caso dos premios Atlante, premiouse a corrección e calidade técnica, a delicadeza da iluminación que se converte en protagonista e creadora do espacio da escena. Asimesmo, as mencións de honra concedéronse atendendo ás mesmas valoracións.

No certame podían participar artistas nacionais e estranxeiros con obras executadas en calquera dos sistemas e técnicas de arte gráfica, incluídos os procedementos dixitais e electrográficos, admitíndose como máximo dúas obras por autor.

ESTUDO E CATALOGACIÓN. A Fundación Museo de Artes centra o seu obxectivo na colección, catalogación, estudo e difusión da arte gráfica dende as súas orixes ata os nosos días. Por iso acolle cantas técnicas artísticas operaron dende o século XV asa o momento actual. Ademais, conta cunha Biblioteca Ilustrada formada por máis de 40.000 estampas, e uns 5.000 libros, que percorren a arte do gravado, dende as técnicas clásicas da xilografía, a calcografía ou a litografía, ata as máis modernas técnicas utilizadas no rico abanico de posibilidades que a tecnoloxía e o inxenio dos artistas abriron a esta arte.

24 jul 2021 / 15:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.