Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Nas terras amesás poden atoparse numerosos cruceiros, petos de ánimas e fontes de gran valor cultural e patrimonial// Xunto a Compostela e Teo constitúe unha das áreas arqueolóxicas máis importantes de toda Galicia TEXTO Javier Salutregui

Os grandes tesouros de Ames: pazos históricos, petróglifos...

Con máis de 90 quilómetros cadrados e unha poboación de 32.337 habitantes, Ames lidera o crecemento demográfico na Área de Compostela. Non só suman novos veciños ininterrompidamente dende hai 20 anos, senón que o número de empresas e altas á Seguridade Social aumentou notoriamente na última década.

Con todo, a localidade ten tamén un rico e variado patrimonio arquitectónico, relixioso e arqueolóxico. Ao longo de Ames atópanse máis de 40 cruceiros, cerca de 10 pombais, as fontes de San Pedro de Bugallido, San Paio de Lens, San Cristovo de Tapia e a de Santo Tomé de Ames, e catro lavadoiros en Arufe, Piñor, Quintáns e Biduído. Por último, atópase a casa de Rosalía, ubicada en O Castro, onde a recoñecida escritora Rosalía de Castro pasou boa parte da súa infancia.

Esta vivenda conserva moito daquela época e destaca ademais polo seu tamaño, o hórreo e o palomar. Asimesmo, no muro atópase unha placa conmemorativa de pedra na que pode lerse: “Aquí naceu o Seminario de Estudos Galegos”.

Entre o patrimonio relixioso atópanse os petos de ánimas de San Pedro e San Xoan, construcións de pedra nas que se representan as ánimas do purgatorio cun peto esculpido e unha ranura para meter medas, e un total de sete capelas.

As máis destacadas son a da Madalena no Milladoiro, a cal foi parte do Hospital Vello de Santiago; a capela da Peregrina en Bertamiráns, construída para acoller o crecente número de fieis; e a de San Amaro en Barouta, moi vinculada á popular romaría que se celebraba ao seu ao redor, e que aparece documentada dende o ano 1651. Atópanse tamén máis de dez conxuntos parroquiais ao longo do municipio, entre eles os de San Cristovo, San Lourenzo, Santa María, San Pedro, San Paio e Santo Tomé.

No referente ao patrimonio civil, Ames dispón das pontes de Augapesada, que cruza o río Augapesada ou Rego dos Pasos e foi levantada entre os séculos XVII e XVII; e a Ponte Maceira, de orixe medieval. En canto aos pazos, no concello de Ames están os de Leboráns, Lens, Quintáns, tamén chamado Casa de Baladrón, e o máis destacado: o Pazo da Peregrina. A historia deste último é bastante escura e imprecisa.

Pénsase que puido nacer como centro de recadación de rendas dalgún comerciante acomodado, aínda que en documentación parroquial do século XIX o pazo aparece descrito como casa de quinta, é dicir, unha casa de campo propiedade dunha familia acomodada. Na actualidade acolle as dependencias da concellería de Cultura, Deportes e Patrimonio Histórico, e serve de escenario para celebrar exposicións, bodas ou eventos de carácter cultural.

Por último, convén destacar que os concellos de Ames, Santiago e Teo constitúen tres das áreas arqueolóxicas máis importantes de Galicia, no só pola abundancia, senón pola calidade dos petróglifos e a súa boa conservación.

Actualmente pódense contar máis de cen sitios de interese arqueolóxico entre os tres municipios no val da Maía e o entorno fluvial do río Sar. No caso de Ames, o concello conta con auténticos tesouros arqueolóxicos, como os petróglifos de Oca ou a Nave, situada en Mourigade. Ademais, na área rupestre de Ventosa atópanse os conxuntos de petróglifos de Monte Castelo, Peneda Negra e Campo Redondo.

Para por en valor o patrimonio arqueolóxico, Ames, Santiago, Brión, Teo e Val do Dubra teñen un convenio co que crearon o Parque Compostela Rupestre, co que mellorar o entorno e o estado dos sitios arqueolóxicos e dotar de fondos varios plans de comunicación e dirección.

24 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.